Ciencia

Galiciencia abre a súa décima edición con 74 inventos escolares

A maior feira científica de Galicia comeza no parque Tecnópole de Ourense cos inventos de 74 centros educativos

Santiago renova a súa investigación no gran observatorio de raios cósmicos

Ata 2025, un equipo da Universidade traballará no observatorio Pierre Auger, un gran detector na Arxentina con 3.000 kms cadrados

Secuencian o xenoma da momia dun neno asasinado nun ritual inca

Investigadores de Santiago obteñen por primeira vez o ADN mitocondrial dunha momia que ten 500 anos de antigüidade

Unha onda xigante causou o accidente do Prestige?

Unha investigación internacional ve elevadas probabilidades de ondas moi altas e cruzadas que batesen no petroleiro no 2002

A Galiciencia bate records con 74 proxectos de estudantes

Equipos de Galicia, Euskadi e Cataluña asistirán no parque Tecnópole de Ourense á feira, que cumpre o seu décimo aniversario

O CSIC avanza na reprodución 'in vitro' do carballo

Unha tese do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas abre a porta a obter exemplares máis resistentes a pragas e enfermidades

"Os nosos datos non evidencian un cambio climático que afecte ao viñedo"

Carmen Martínez, xefa de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia, é comisaria de exposición en Madrid sobre os 200 anos de estudo do viño do CSIC

Actos en toda Galicia festexan o 'Día da Ciencia en Galego'

O mércores 4 de novembro reivindica o uso da lingua galega para a investigación, a divulgación e a docencia

A UVigo participará nun proxecto para desviar un asteroide da súa órbita

A Agrupación Aeroespacial asina un contrato coa ESA para traballar na misión que en 2021 impactará contra un planetoide

"Queremos reproducir o medio natural; non animais en vitrinas"

Isabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural de Santiago, destaca o paso adiante da institución na divulgación do solo e dos ecosistemas terrestres

O catedrático de Computación Senén Barro entra na Academia de Ciencias

O seu ingreso completa as seis incorporacións deste ano e o seu discurso de ingreso titulouse 'Poden pensar as máquinas?'

Un ano do museo sobre a natureza de Galicia

O Museo de Historia Natural de Santiago suma coleccións únicas e máis de 30.000 visitantes no seu primeiro ano de existencia

Científicos do CSIC en Galicia logran clonar e cultivar 'in vitro' o eucalipto

A técnica permite producir individuos idénticos xenéticamente con embrións creados por células de tecidos de follas e xemas

Raíñas, criadas, santas, cruzadas, estafadoras… as peregrinas a Compostela

O CSIC presenta un completo estudo colectivo que racha cos estereotipos da muller na Idade Media e o Camiño de Santiago

Da escola de Malpica á dos Apeninos grazas á nube

Rural School Cloud, proxecto de tecnoloxía educativa no que participan catro colexios rurais galegos, presenta as súas conclusións o día 10 en Santiago

Un galego investiga coa NASA a reciclaxe da urina dos astronautas

O lugués José Solla é parte dun equipo da Universidade de Alicante que fará experimentos en Houston invitado pola axencia espacial