O CSIC organiza en Santiago unha exposición sobre Cervantes e un ciclo de conferencias

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) ofrecerá durante as vindeiras semanas en Santiago de Compostela varias actividades de difusión da ciencia e da cultura. O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento acollerá unha exposición e un ciclo de conferencias sobre diversas disciplinas. As iniciativas foron presentadas en rolda de prensa polo delegado do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.

As actividades comezarán o 22 de setembro coa inauguración da mostra itinerante “Cervantes y el CSIC”, que conmemora o cuarto centenario da morte do escritor español. Na mostra abórdase a relación do autor do Quijote coa medicina e a música, así como a súa presenza en disciplinas como a entomoloxía ou a nanotecnoloxía. A exposición, comisariada por Pilar Martínez Olmo, consta de preto de vinte paneis  e fondos bibliográficos e documentais sobre Cervantes, procedentes de varias bibliotecas e centros de coñecemento de diversos puntos de España. Entre eles, figura a primeira biografía do escritor, preparada por Gregorio Mayans, unha edición de “La Galatea de 1805” ou versións en miniatura, ilustradas e infantís do Quijote. Esta mostra estará aberta de luns a venres en horario de 8 da mañá a 9 da noite.

Publicidade

Por outra parte, o CSIC organizará, de xeito paralelo, o ciclo de conferencias “¿Qué sabemos de…?”, nas que participarán científicos da institución pertencentes a diversos eidos do coñecemento. A primeira sesión será o 22 de setembro. O relator, Alfredo Alvar (Instituto de Historia- Centro de Ciencias Humanas e Sociais), falará sobre “Cervantes e os seus días”.O ciclo continuará o 29 de setembro con Antonio Ballester (Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia), quen falará sobre “Biotecnoloxía forestal”; o 6 de outubro con Antonio Figueras (Instituto de Investigacións Mariñas), quen disertará sobre “Biotecnoloxía e acuicultura: máis aló dos transxénicos”; o 13 de outubro con Carmen Martínez Rodríguez (Misión Biolóxica de Galicia) e a conferencia “A vide, o viño e o CSIC”; o 20 de outubro con Rosa Menéndez (Instituto Nacional do Carbón) e a charla “O grafeno” e o 27 de outubro con Ana Martínez (Instituto de Química Médica) e “O Alzheimer”. A última sesión será o 4 de novembro. Estará a cargo de Francisco Javier Martín-Torres (Instituto Andaluz de Ciencias da Terra) e versará sobre “A vida no universo”.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy

Que sentían realmente ao escribir cartas hai 500 anos? Así o descifra a IA

Un proxecto do CSIC Galicia desenvolve modelos computacionais capaces de identificar e clasificar emocións en correspondencia histórica entre os séculos XVI e XVIII