Carmen Martínez, da Misión Biolóxica do CSIC, ‘convocada’ para a Selección Española da Ciencia

Carmen Martínez, primeira pola esquerda, xunto a outras 'figuras' como Francis Mojica, Mariano Barbacid ou Pedro Cavadas. Foto: Quo/CSIC.
Carmen Martínez, primeira pola esquerda, xunto a outras ‘figuras’ como Francis Mojica, Mariano Barbacid ou Pedro Cavadas. Foto: Quo/CSIC.

A revista QUO e o CSIC presentaron este martes á Selección Española da Ciencia 2016, un equipo formado por algúns dos investigadores máis brillantes do noso país. Nesta lista figura a galega Carmen Martínez, directora do Grupo de Viticultura na Misión Biolóxica do CSIC en Galicia. É a primeira investigadora agraria que recibe este recoñecemento. Completan o equipo figuras moi destacadas da ciencia a nivel estatal: Francisco J. Martínez Mojica, microbiólogo da Universidade de Alacant e candidato ao Nobel polas súas achegas ao desenvolvemento da tecnoloxía CRISPR; Pedro Cavadas, cirurxián plástico especialista en transplantes; Mariano Barbacid, bioquímico no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO); Susana Marcos, directora do Instituto de óptica Daza de Valdés do CSIC; Alberto Ruiz Jimeno, fundador do grupo altas enerxías do IFCA; Laura M. Lechuga, profesora de investigación do CSIC no Instituto de Nanociencia e Nanotecnoloxía catalán; José Manuel Galán, egiptólogo e impulsor do proxecto Djehuty; Juan José Gómez Cadenas, investigador do CSIC no IFIC e director do experimento Next; Mariano Esteban, Presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e investigador do CSIC;  Mara Dierssen, investigadora do Centro de Regulación Xenómica de Barcelona; Miguel Delibes de Castro, investigador na Estación Biolóxica de Doñana; e Manel Esteller, director do programa de Epigenética e Bioloxía do IDIBELL.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que sentían realmente ao escribir cartas hai 500 anos? Así o descifra a IA

Un proxecto do CSIC Galicia desenvolve modelos computacionais capaces de identificar e clasificar emocións en correspondencia histórica entre os séculos XVI e XVIII

Como e cando chegou realmente o viño a Galicia?

Un encontro de expertos aborda as raíces da viticultura en Galicia a partir das evidencias arqueobotánicas e os textos históricos, como os de Estrabón

Javier Rey Campos, novo delegado do CSIC en Galicia

O científico da Misión Biolóxica de Galicia sucede no cargo a Antonio de Ron, representante do organismo na comunidade desde marzo de 2019

Científicos galegos exploran o potencial antitumoral de compostos presentes na vide

A USC e a Misión Biolóxica de Galicia colaboran nunha investigación que analiza o uso da catequina e a procianidina B2 fronte a tumores de mama e próstata