A tumba de Nefertiti non está xunto a Tutankamón

A tumba de Tutankamón.
A tumba de Tutankamón.

A noticia do século non durou nin tres anos. E non se derrubarán muros na tumba do antigo faraón exipcio Tutankamón. Despois de realizar unha investigación exhaustiva, o Ministerio de Antigüidades de Exipto declara definitivamente que non contén cámaras secretas e que aí non pode estar a tumba da raíña Nefertiti.

Nofretete_Neues_Museum

A idea de que a tumba de 3.300 anos albergaba unha cámara secreta espertou moito entusiasmo no 2015 . O exiptólogo Nicholas Reeves da Universidade de Arizona anunciara que as características na parede da cámara na que o faraón estaba enterrado mostraban evidencia do que noutros tempos foi unha porta. E o Goberno exipcio apresurouse en falar da tumba de Nefertiti, a esposa de Akenatón, toda unha icona mundial polo fermoso busto policromado que se conserva en Berlín.

Publicidade

As exploracións realizadas polo especialista en radar xaponés Hirokatsu Watanabe a comezos de 2016 parecían confirmar isto .E o ministro de antigüidades, Mamdouh Eldamaty, dixo no seu momento : “Podemos dicir con máis do 90 por cento de probabilidad que as cámaras están alí”.

Todos esperaban que a cámara fose a tumba da madrastra de Tutankamón, Nefertiti. Segundo Reeves, a tumba de Tutankamón puido ser orixinalmente construída para a raíña, que morreu en 1330 a.C. A teoría apuntaba a que, cando o novo faraón morreu inesperadamente en 1323 a. C., á idade de 19 anos, é posible, dixo Reeves , que a tumba fose requisada para o seu enterro, e o corpo de Nefertiti pasase a unha cámara que logo foi cuberta.

Publicidade

A teoría, a auténtica nova do século, soaba moi ben aos arqueólogos. Pero a realidade é distinta. Outro equipo realizou un segundo conxunto de escaneos en 2016, e non puido replicar os resultados do primeiro radar. Ademais, o xaponés Watanabe personalizou o seu equipo a tal grao que ninguén máis podía interpretar os seus datos.

E chegou finalmente o terceiro conxunto de escaneos, dirixido polo arqueólogo Francesco Porcelli da Universidade Politécnica de Turín. Cun novo radar moito máis avanzado, e cun traballo máis exhaustivo, na tumba de Tutankamón non atoparon ningunha porta, fenda ou cámara oculta. E o propio goberno exipcio vén de recoñecer que o seu entusiasmo foi demasiado forzado, nun momento no que o país estaba a vivir unha crise turística.

Así que quedamos sen noticia do século. A tumba de Nefertiti seguirá a ser un misterio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que fai a supercomputación galega nun xacemento exipcio de hai 3.500 anos?

O CESGA almacena nun repositorio seguro a información das campañas de escavación que se desenvolven na antiga cidade de Tebas

Atopan centos de momias e a pirámide dunha raíña descoñecida na capital de Exipto

No aniversario dos 100 anos do descubrimento da tumba do rei Tutankamón, os arqueólogos descobren centos de tumbas e momias enterradas en Giza

Así ‘falaba’ Nesiamón, unha momia exipcia de 3.000 anos

Por agora, os mortos non falan, pero a ciencia xa está...

Exipto descobre cinco momias de cachorros de león

O espectacular achado tamén inclúe numerosas figuras que representan deuses, con Osiris como gran protagonista