Un bebé dun animal extraordinario: o aie aie

O exemplar de aie aie que naceu en Denver. Foto: Zoo de Denver.
O exemplar de aie aie que naceu en Denver. Foto: Zoo de Denver.

O Zoolóxico de Denver nos Estados Unidos acaba de dar a benvida a un novo residente: un diminuto membro dunha das familias de lémures máis exclusivas do mundo, o aie- aie. O novo membro da comunidade, nacido o 8 de agosto da nai chamada Bellatrix e o seu pai Smeagol, foi bautizado Tonks, un nome relacionado coa saga de novelas de Harry Potter.

O nacemento é un evento tremendamente emocionante. Hai moi poucos aie aie no mundo, repartidos nalgúns zoos, pero ninguén sabe cantos están na natureza, limitados só a partes remotas do seu Madagascar natal. Estes primates nocturnos (Daubentonia madagascariensis) están en perigo , tras perder aproximadamente o 50 por cento da súa poboación nas últimas décadas debido ao deterioro do seu hábitat e á caza.

Publicidade

Aye-aye_at_night_in_the_wild_in_Madagascar

Mesmo para os investigadores, ver aie aies na natureza é moi raro. A súa presenza dedúcese das marcas nas árbores que deixan cando buscan alimento. Tocan a madeira para atopar as cavidades onde viven os vermes, escoitando os pequenos ruídos reveladores de larvas. Logo usan o seu longo e delgado dedo medio para capturar á súa presa.

Os aie aies viven ata 20 anos en catividade, pasando os primeiros dous ou tres coa súa nai. Como curiosidade, no folclore malgaxe de Madagascar consideran ao aie aie unha criatura máxica. Din que se apunta a unha persoa con seu terceiro dedo, esta morre pouco despois dunha forma repentina e horrible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que nos fai humanos? Así o revelará o maior ‘atlas’ das células cerebrais

Científicos de todo o mundo presentan o primeiro borrador do mapa das células do cerebro, onde aparecen máis de 3.000 tipos diferentes

Así é a abraiante biodiversidade de Madagascar

O grupo Divulgare da Universidade de Vigo publica un novo traballo no que aborda a evolución bioxeográfica desta illa africana

Rebeca Atencia, a galega que rescata aos chimpancés no Congo

A ferrolá traballa coa primatóloga Jane Goodall, da que National Geographic estrea agora un documental

A galega que chega ao corazón dos chimpancés

Rebeca Atencia naceu en Ferrol pero vive no corazón de África,...