Venres 26 Abril 2024

Sanidade levanta desde o venres as restricións máximas e altas nos concellos galegos

Só cinco concellos (Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove) situaranse no nivel medio, e os outros 308 quedarán no nivel medio baixo

Ningún concello de Galicia terá pechada a hostalaría nin o interior dos locais a partir do vindeiro sábado: o comité clínico que asesora á Xunta no seguimento da pandemia da Covid-19 acordou que a partir de entón se relaxarán as restricións vixentes en nivel alto para os concellos de Ordes, Viveiro, A Pobra do Caramiñal e Mos, polo que todos os municipios pasarán a estar en nivel medio ou medio baixo.

Deste xeito, establecerase o nivel medio de restricións para os concellos de Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove. Isto supón unha limitación do 30% da capacidade no interior dos locais de hostalaría e un 50% nas terrazas. Os outros 308 concellos quedarán no nivel medio baixo, con capacidade máxima do 50% no interior e 75% no exterior. Así seguirá a situación ata o vindeiro martes 15, cando se volverá reunir o comité clínico.

Publicidade

Todo queda pendente, porén dos novos acordos entre Goberno español e comunidades autónomas, que poderían dar luz verde á ampliación dos grupos en encontros sociais, o horario da hostalaría ou o ocio nocturno. Por agora, mantense vixente en Galicia a limitación de encontros a seis persoas en interiores e 10 en exteriores, así como as reunións só entre conviventes entre a 1 e as 6 da madrugada.

En canto á situación actual, e segundo os últimos datos deste martes do Ministerio de Sanidade, Galicia ten unha incidencia de 21,36 casos/100.000 habitantes a sete días e 51,22 a 14. Hai menos de 80 persoas ingresadas, e arredor dunhas 15 están en coidados intensivos. A cifra de novos casos diarios xa está por baixo do centenar nos últimos días, e as persoas baixo seguimento (casos activos) sitúanse na contorna das 1.700.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"