PODCAST | Os videoxogos como ferramenta para sensibilizar. Con Beatriz Legerén

Falamos coa integrante do proxecto de alfabetización científica mariña Misión Azul do reto que supoñen as novas narrativas á hora de divulgar

Con motivo do Día Mundial dos Océanos, celebrado cada 8 de xuño, charlamos con Beatriz Legerén, integrante de Misión Azul, un proxecto do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo (UVigo) en colaboración con AtlanTTic e a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. A través de Misión Azul, o equipo ofrece formación sobre as ciencias mariñas tanto para o alumnado como para o profesorado.

Nestes momentos tamén están a desenvolver un videoxogo interactivo co que entender o impacto que o cambio climático ten nos océanos. Legerén toma o exemplo de Assassin’s Creed, un título bastante popular que acabou por dar a coñecer distintas etapas da historia, e así explica as características destas novas narrativas á hora de divulgar.

Publicidade

Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) que conta co apoio da da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas