M60 elíptica, NGC 4647 espiral

Créditos da imaxe e copyright: NASA, ESA, Equipo Hubble Heritage (STScI/AURA)
Créditos da imaxe e copyright: NASA, ESA, Equipo Hubble Heritage (STScI/AURA)

Explicación: a xigante galaxia elíptica M60 maila galaxia espiral NGC 4647 semellan unha parella estraña neste definido retrato cósmico do Telescopio Espacial Hubble. Pero atópanse nunha rexión do espazo no que as galaxias soen reunirse, na beira leste do achegado Cúmulo de Galaxias Virgo. A uns 54 millóns de anos luz de distancia, a forma de ovo máis sinxela de M60 é creada polas estrelas máis vellas que enxamean aleatoriamente, mentres as estrelas azuis e novas, o gas mailo po de NGC 4647 organízanse nos brazos sinuosos que rotan ao redor dun disco aplanado. Á espiralestímaselle máis distancia ca M60, uns 63 millóns de anos luz. Aínda que a parella de galaxias, coñecida tamén coma Arp 116, pode estar a piques dun significativo encontrogravitatorio. M60 (alcumada NGC 4649) ten uns 120.000 anos luz de diámetro. A máis pequena NGC 4647 abarca uns 90.000 anos luz, máis ou menos o tamaño da nosa propia Vía Láctea.

APOD galego en directo: charliña sobre as fotos do ano 2015 en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. Consulta lugar, día e hora.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Así se ve a espiral da borrasca Babet que afecta a Galicia

A fronte descargará abundantes precipitacións durante a xornada do martes e mércores. O xoves volve entrar outro centro de baixas presións

Así soa unha das estrelas máis espectaculares da Vía Láctea

Un proxecto da NASA converte a luz de RS Puppis en son con fins divulgativos e de accesibilidade para persoas con discapacidade visual

As novas fotografías do James Webb amosan unha galaxia anana con maior precisión

O telescopio espacial da Nasa consegue capturar con detalle unha galaxia enana solitaria, a Wolf Lundmark Melotte