Venres 26 Abril 2024

Omega Centauri: a enorme bóla de estrelas

Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari
Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari

Explicación: esta enorme bóla de estrelas naceu antes có noso Sol. Moito antes de que a humanidade evolucionara, antes de que os dinosaurios vagaran e incluso antes de que nosa Terra existira, os globos de estrelas vellas condensáronse e orbitaron unha moza galaxia Vïa Láctea. Dos 200 cúmulos globulares que sobreviven hoxe aproximadamente, Omega Centauri é o máis grande, contendo uns dez millóns de estrelas. Omega Centauri tamén é o cúmulo globular máis brillante, coa súa magnitude visual aparente de 3,9 podeser ollado polos observadores do sur a simple vista. Omega Centauri, catalogado coma NGC 5139, está a uns 18.000 anos luz de distancia e ten 150 anos luz de diámetro. A diferenza de moitos outros cúmulos globulares, as estrelas de Omega Centauri amosan varias idades e abundancias químicas diferentes, indicando que o cúmulo globular de estrelas ten unha historia complexa nos seus 12 mil millóns de anos de idade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang