Illas dos Cargados Carallos, descobertas por Novoa.

Illas dos Cargados Carallos, descobertas por Novoa.

Joao Galego: o descubridor das Illas dos Cargados Carallos

En 1501, o navegante Xoán de Novoa descubriu a illa de Agalega e o arquipélago do Índico de curioso nome

Illas dos Cargados Carallos.

Illas dos Cargados Carallos.

Teñen nome de película de Jack Sparrow. Aínda que encaixar o seu significado poñería nun brete ós guionistas de Piratas do Caribe. Porque o arquipélago de Cargados Carallos ten un topónimo difícil. Pero así bautizou estas illas o ourensán Xoán de Novoa, cando as descubriu, no ano 1501. Situadas no océano Índico, e hoxe pertencentes á República de Mauricio, poderían ser o enclave máis exótico do mundo con nome galego.

Nesta clasificación compiten con outra illa, tamén pertencente ao grupo das Mascareñas, e que leva por nome o propio de Galicia. Trátase de Agalega, así todo xunto. E tamén foi bautizada por Xoán de Novoa, a quen os portugueses, baixo cuxa bandeira participou nas “Descobertas“, alcumaban Joâo Galego.

O arquipélago de Cargados Carallos está composto por 16 illas, situadas fronte a Mauricio e Madagascar. Habítanas case un cento de nativos, cuxo xentilicio non queremos imaxinar. Os ingleses, máis finos que Xoán de Novoa, as chaman Rochas de San Brandón (Saint Brandon Rocks). Teñen cincuenta quilómetros de longo por só cinco de ancho.

A illa de Agalega

Pola súa banda, Agalega está integrada por dúas illas, menos extensas que Cargados Carallos, pero máis desenvolvidas, xa que os ingleses fundaron nelas varios asentamentos, a comezos do século XIX. Usábanas como portos clandestinos do tráfico negreiro. Como curiosidade, a súa capital chámase Vingt-Cinq Village, en honor aos 25 lategazos que recibían os escravos rebeldes.

Hoxe, os trescentos agalegos contan mesmo cunha pequena pista de aterraxe e as illas foron abertas ao turismo. Non é un destino popular, pero é posible contratar unha viaxe a Agalega con varios touroperadores. Ademais, esta illa, ao igual que Cargados Carallos, é ben coñecida polos mariñeiros galegos que faenan na frota atuneira do Índico.

Xoán de Novoa fuxiu a Portugal coa revolta dos Irmandiños

O mérito dos nomes “galegos” destes afastados enclaves corresponde ao ourensán Xoán de Novoa. Nacido no castelo de Maceda en 1460, fuxiu de Galicia coa revolta dos Irmandiños. Mentres o resto da súa familia se asentaba en Pontevedra e Zamora, el optou por dirixirse a Portugal, onde se naturalizou e adaptou de tal forma que o rei luso Manuel I decidiu nomealo Alcaide Menor de Lisboa.

Xoán de Novoa.

Xoán de Novoa.

Era a súa época a das grandes Descobertas portuguesas. Antes de que Colón partise cara ao Oeste e chegase a América, os lusos xa exploraban toda a costa africana, fundando asentamentos. E chegaban ás Illas das Especias (hoxe as Molucas) atravesando o Océano Índico. Así que Xoán de Novoa decidiu enrolarse nestas aventuras, capitaneando unha frota.

A Novoa atribúeselle o descubrimento das illas de Ascensión e de Santa Elena, a mesma na que viviu os seus últimos días Napoleón Bonaparte. No Índico, descubriu Agalega e Cargados Carallos.

Os habitantes dos dous arquipélagos viven, fundamentalmente, da exportación de copra. E dos barcos que regularmente chegan dende Mauricio cargados de víveres.

O que si perderon é o sistema social que os franceses instauraron na illa no século XIX. Que incluía unha curiosa forma de poliandria, na que unha muller cohabitaba con varios homes. Como os varóns eran gran maioría en Agalega, os matrimonios invitaban un veciño a sumarse á familia. O solteiro seguía vivindo na súa casa e a muller repartíase entre ambas as dúas, pasando unha semana en cada fogar. Que o sistema era netamente machista non fai falla nin mencionalo.

En Cargados Carallos practicaban a poliandria: varios homes por muller

Hoxe, antes de que poida instalarse en Agalega unha base militar para loitar contra a piratería, como se ten especulado, o turismo é a súa mellor baza para prosperar. Arrecifes de coral, augas cor esmeralda, manglares e praias marabillosas compoñen a xeografía desta illa.

É unha opción para viaxar case sen saír de Galicia, cando menos en nome. Certo que hai que voar ata o Océano Índico. Pero as illas dos Cargados Carallos e Agalega teñen nomes dignos do fogar de Breogán. Porque así as bautizou, hai medio milenio, un galego de Maceda, Xoán de Novoa, descubridor.

8 respostas a “Joao Galego: o descubridor das Illas dos Cargados Carallos”

  1. Anxo

    Creo que estaría ben engadir como recomendación a lectura do libro “Xoán de Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” de Santiago Prol.

  2. Enrique Morales Cano

    Estimada Olalla. Mando mis saludos, y el ruego de que se ponga en contacto conmigo, si así gusta, porque soy el autor de una amplia y documentada biografía histórica sobre Xoan de Novoa, que quizá ahora esté próxima a publicarse, y para que le pido, no obstante, su ayuda y consejo. Hace unos días, la Sociedad Geográfica Española me publicó un amplio artículo sobre él, que me gustaría mandárselo, si me lo permite, pues supongo que le gustará leerlo. También me han ofrecido una charla sobre su pariente. Es un gran honor conocer una descendiente de este hombre que siempre me tuvo fascinado. Incluso, si le parece bien, podía trasladarme al lugar en que resida para hablar de él y entregarle una copia, muy documentada e ilustrada con grabados antiguos del siglo XIX sobre la isla de Santa Elena, que descubrió, donde también murió Napoleón, y tengo ilustraciones de su tumba y de la casa donde estuvo preso, así como de los peñascos isleños. Reciba mi agradecimiento por su gentil atención, y ojalá pudiéramos vernos y hablar de todo esto, lo deseo sinceramente para seguir difundiendo la prodigiosa historia de este hombre nacido en Maceda, en Orense, cuyo castillo (precioso), ya visité. Le quedo muy reconocido, Enrique Morales Cano —– e.moralescano@hotmail.com

  3. Lucía

    Paseime un tempo longo nas veciñas Seychelles recentemente. Cada vez que me topaba coa mención destas illas alucinaba co nome. Non podo crer que fora un ourensán as que as bautizara!
    ¿Sábese o porqué do nome?
    Gracias

  4. Traspie

    Los Cargados carajos se han hecho recientemente conocidos gracias al episodio del embarrancamiento de un barco de la Volvo Ocean Race.

  5. Olalla de Novoa

    A miña familia somos descendentes de Xoan de Novoa. Temos a arbore xenealoxica que demostra que o nome orixinario era ese, cambiouse cando estivo en Portugal por Joao da Nova. Pero ese non era o seu nome orixinario. Saudos

  6. Joam

    O apelido deste senhor é “Nóvoa”, forma genuína do mesmo que nom se teria deturpado naquela altura. O seu nome seria mais correcto escrevê-lo Joám, pois no séculos XV ainda nom se produziu o ensurdecimento do som da “j” medieval galego-portuguesa. Proponho que seja conhecido como “Joám de Nóvoa”

    • Fábio

      O que muitos se esquecem é que sem as alterações impostas por a RAG/RAE na altura de franco em que falar galego era proibido a língua ficou deturpada a ponto de irreconhecível pelo português. O que Joam diz é correto se um galego ler o «j» como em português e não como espanhol o «x» deixa de ter lugar e essa mínima alteração muda tudo…

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.