Localizan un gran peixe lúa na ría de Arousa

O peixe lúa atopado en Boiro. Foto: CEMMA.
O peixe lúa atopado en Boiro. Foto: CEMMA.

Ten varios nomes en galego como peixe lúa, orellán ou roda de mar. Así que é un vello coñecido dos mariñeiros, que o teñen atopado aínda que é unha especie máis propia de augas mornas.

O orellán (Mola mola) é unha especie peláxica, ademais de ser o peixe óseo máis pesado do mundo e pode chegar a dúas e medir máis de 3 metros. Habita en augas tropicais e quentes ao longo de todo o planeta.

Publicidade

Na mañá deste domingo, efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Boiro localizaron un xigantesco exemplar de orellán (Mola mola), que se atopaba en augas interiores, á altura da praia de Barraña e a desembocadura do río Coroño. É dicir, demasiado preto da costa do municipio boirense, polo que corría un serio perigo.

Membros deste servizo conseguiron acompañar ao peixe lúa para que regresase a augas máis fondas. Mentres que a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños ( Cemma) deu instrucións para axudar ao peixe. Na Cemma consideran que este orellán estaba “a piques de varar” e destacan que “resulta moi pouco habitual observar a esta especie dentro das rías”.

Un exemplar de orellán ou peixe lúa.
Un exemplar de orellán ou peixe lúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.