Sábado 20 Abril 2024

Os fitos mundiais da ciencia en 2014

As dúas revistas científicas de maior impacto, a británica Nature e estadounidense Science, fixeron o seu balance de final de ano. Mentres que Nature seleccionou as dez personalidades que marcaron os avances máis importantes, Science fai referencia ás investigacións máis relevantes. Ambas as dúas coinciden en que a aterraxe do módulo Philae de Rosetta no cometa en novembro foi a noticia do ano. A nova de 2014 foi a aterraxe do módulo Philae de Rosetta no cometa 67P. Aconteceu o día 12 de novembro, cando a Axencia Espacial Europea (ESA) confirmou que o ‘aterrizador’ Philae, desprendido da sondaRosetta, se pousara con éxito no cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko. Aquí en GCiencia ofrecimos na nosa web a operación de aterraxe en directo por streamming co sinal da ESA. A chegada de Philae proporcionou aos científicos os primeiros datos da superficie dun cometa, o que converteu a Rosetta nunha das misións máis exitosas na historia da ESA. “Despois de máis de dez anos viaxando polo espazo, agora estamos a facer a mellor análise científica dun dos máis antigos restos do noso sistema solar”, sinala Álvaro Giménez, director de Ciencia e Exploración Robótica da ESA.

Os ‘kilobots’ que traballan en equipo en tarefas complexas, fito do ano

Outro dos grandes triunfos da ciencia segundo as revistas foi o desenvolvemento de robots capaces de crear formacións e tarefas complexas en equipo. Nature, que basea o seu listado nos personaxes máis que nas investigacións, resalta a figura Radhika Nagpal, a ideóloga destes robotos chamados ‘kilobots‘. Os investigadores teñen a esperanza de que a súa fabricación permita crear equipos capaces de coordinarse de forma autónoma e que respondan rapidamente a situacións de desastre ou que contribúan á limpeza ambiental.

Publicidade

Radhika Nagpal cos seus 'kilobots'
Radhika Nagpal cos seus ‘kilobots’

A revista británica tamén destaca como un dos científicos relevantes de 2014 a Sheik Humarr Khan, o doutor que loitou ata os seus últimos días contra o ébola e faleceu en agosto a causa do virus.

Pola súa banda, Maryam Mirzakhani foi outra das personalidades da ciencia. A matemática iraniana que foi galardoada este ano coa Medalla Fields tivo un oco na lista, non só polos seus estudos sobre xeometría e sistemas dinámicos, senón porque tamén conseguiu atraer a atención de todos os medios de comunicación do mundo ao ser a primeira muller e a primeira iraniana en conseguir o premio. Manuel de León, director do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT), está convencido de que “é un fito na historia das matemáticas e supón romper con décadas de tabús“.

Pola súa achega á investigación sobre a inmunoterapia oncolóxica, Suzanne Topalian aparece tamén na recompilación da revista británica. E a oftalmóloga Masayo Takahasi faino grazas ás súas investigacións sobre a conversión de células nai en células pluripotentes en pacientes con doenzas de retina.

Nature destaca a Pete Frates, impulsor da campaña do cubo de xeo contra a esclerose

Conseguir colocar á India nos primeiros postos de exploración espacial fixo que Koppillil Radhakrishnan, director da Organización de Investigación Espacial India (ISRO), sexa recoñecido no especial, ao conseguir colocar a sonda Mangalyaan na órbita de Marte con éxito.

No campo da astrofísica cabe citar a David Spergel, un investigador da Universidade de Princeton (EUA) que atopou erros no maior descubrimento sobre inflación cósmica ata agora.

Suzanne Topalian e o seu equipo que investiga a inmunoterapia contra o cancro.
Suzanne Topalian e o seu equipo que investiga a inmunoterapia contra o cancro.

Pete Frates, impulsor do Ice-bucket challenge, aparece na lista da publicación grazas a revolucionar a rede co reto do cubo de xeo en verán que recadou máis de 115 mil millóns de dólares para enfermos con esclerose lateral amiotrófica (ELA), unha enfermidade que el tamén padece.

Os estudos sobre microscopía electrónica do matemático Sjors Scheres poñen punto final á lista. Scheres desenvolveu un software capaz de obter imaxes de gran resolución a partir das de textura granulada que produce a microscopía electrónica.

A última edición da revista tamén seleccionou cinco perfís científicos aos que aconsella seguir a pista en 2015. Entre eles encóntranse Alan Stern, o investigador principal da misión New Horizons da NASA e que será o centro de atención o próximo xullo, cando a nave chegue a Plutón por primeira vez; e Joanne Liu, presidente internacional de Médicos Sen Fronteiras, que, grazas á resposta que deu ao ébola en 2014, o ano que vén será clave para tratar de rematar definitivamente con ela.

Pola súa banda, a revista Science elaborou un ‘top-ten’ das grandes noticias científicas do ano segundo os seus editores. Entre elas aparece a publicación dunha serie de artigos que compararon os fósiles de aves primitivas e os dinosauros cos paxaros modernos, e que permitiron coñecer como certas especies de dinosauros desenvolveron corpos pequenos e de peso lixeiro que lles permitiu evolucionar a varios tipos de aves e sobrevivir á extinción hai case 66 millóns de anos.

O rexuvenecimento de tecidos en ratos abre unha nova vía para o Alzheimer

Outras investigacións sobre a evolución do ser humano foron noticia do ano para os editores. En concreto, uns investigadores decatáronse que as pinturas rupestres nunhas covas de Indonesia tiñan 35.000 e 40.000 anos de antigüidade. Antes cría que tiñan 10.000 anos de idade, o que suxire que os humanos en Asia estiveran a realizar arte simbólica tan temperá como os primeiros pintores rupestres europeos.

Tamén se inclúe na lista o achado do rexuvenecemento de músculos e cerebros de ratos vellos grazas ao sangue de ratos novos. Estes resultados permitiron que actualmente se realicen ensaios clínicos nos que os pacientes con alzhéimer reciban plasma de doadores novos.

Mención aos cubesats

A selección inclúe os estudos do IBM sobre chips neuromórficos, que teñen unha arquitectura alternativa baseada nun cerebro humano e que foi un avance en intelixencia artificial, así como os estudos publicados sobre optoxenética polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e a capacidade de reverter, en ratos, os malos recordos en bos.

A creación de células beta produtoras de insulina no páncreas para estudar mellor a diabete, unha bacteria que engade letras artificiais ao ‘alfabeto’ do ADN e os CubeSat, satélites en forma de cubo de 10 centímetros cadrados lanzados ao espazo, completan este ‘ top-ten’ do mellor do ano en ciencia.

Para finalizar, Science invítanos a seguir a pista das investigacións que serán noticia en 2015: o xeo do Ártico, a reapertura do LHC e a inmunoterapia combinada serán os temas que marquen a axenda científica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta a proteína responsable da sensación de frío

O estudo foi publicado na revista ‘Nature Neuroscience’ e pode axudar a comprender como perciben as temperaturas baixas os seres humanos

Crean en Vigo un mapa de biodiversidade costeira a partir de 11.000 chíos

A análise da información recompilada na rede X permite, cun baixo custo, complementar os programas existentes de vixilancia

Ratos impotentes teñen ereccións tras aumentar unhas células do pene

A revista 'Science' publica un estudo en roedores transxénicos aos que se lles incrementou o número de fibroblastos

Atracción fatal ou confusión? Este é o verdadeiro motivo polo que os insectos voan arredor das bombillas

Estes animais non se dirixen ao foco luminoso, senón que se inclinan cara a el, desvíanse e modifican de forma errática a súa traxectoria