Créditos da imaxe e copyright: Mike Deep.

Créditos da imaxe e copyright: Mike Deep.

Érguese o Atlas V

Créditos da imaxe e copyright: Mike Deep.

Créditos da imaxe e copyright: Mike Deep.

Explicación: á primeira hora da mañá os madrugadores da Costa Espacial de Florida o 2 de setembro foron agasallados cun espectáculo de despegue. Antes do mencer un foguete Atlas V ergueuse nos ceos escuros transportando un satélite de comunicacións da mariña estadounidense desde a Estación da Forza Aérea Cabo Canaveral cara á órbita terrestre. Esta longa exposición de minutos segue o arco do foguete inclinándose ao leste sobre o Atlántico. Mentres o foguete se alza sobre a sombra da Terra, o seu ardente ronsel convértese nun penacho noctilucente, arrepiante e esgotado brillando na luz solar. Por suposto, o ronsel estelar, corto e brillante, que aparece xusto por riba do banco de nubes é Venus erguéndose, aparecendo agora nos ceos do planeta Terra como a brillante estrela matutina.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.