Está a cambiar o dedo polgar co uso do móbil?

Segundo un estudo, o uso continuado do móbil podería ser a causa de novas patoloxías no dedo polgar e ter consecuencias na súa evolución

Hoxe en día xa non concibimos a realidade sen o noso teléfono móbil, que nos últimos anos se converteu nunha ferramenta case imprescincible no ámbito da comunicación interpersoal e da información. Segundo cifras da auditora Deloitte, o 94% da poboación española emprega este dispositivo a diario, dos cales o 62% teñen entre 18 e 24 anos. Un estudo desenvolvido na Universidad de Málaga (UMA), xunto a un centro italiano e outro estadounidense, amosou o xeito en que este uso continuado do móbil inflúe no xurdimento de novas patoloxías asociadas á doenza no dedo polgar. Este uso das novas tecnoloxías poderían derivar tamén nun cambio xeracional.

A tendinite do i-Phone

A investigadora Raquel Cantero, experta no estudo da man. Fonte: UMA

Segundo a profesora do departamento de Fisioterapia da UMA, Raquel Cantero, existe unha relación directa entre a ocupación da persoa e a orixe da dor no polgar. Deste xeito, as actividades que realizamos de forma diaria están a xerar cambios na posición física deste dedo, o que podería influir na súa propia evolución futura.

Publicidade

“As enfermidades están cambiando”, afirma Cantero: “Nas consultas, cada vez máis, atopámonos con polgares atrofiados; fálase incluso da tendinite do i-Phone”. Neste sentido, a experta sinala que, dende pequenos, a pinza da man xa non se utiliza tanto; incluso nos propios colexios, as pantallas táctiles substitúen ás veces á escritura, co consecuente desuso do polgar tamén neste ámbito.

Cantero pon o exemplo da evolución do cerebro do primate ao baixar dos árbores e comenzar a empregar a man para outras funcións: “Do mesmo xeito que aconteceu no cerebro do primate, cando ao baixar das árbores a súa estrutura cerebral foi mudando a medida que a man empezaba a usarse para outras funcións diferentes, tamén nos preguntamos se o paso do tempo podería deixar esa pegada na actualidade co cambio do uso do polgar, o dedo clave na presión e funcionalidade da man nos seres humanos”.

Publicidade

ReferenciaThe hominid thumb and its influence on the employment during evolution (Publicado en Reumatismo).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A eclipse a través do móbil: o novo simulador para saber como se verá dende calquera punto de Galicia

A aplicación en liña emprega a cámara, o GPS, o acelerómetro e a brúxula para recrear o fenómeno astronómico do ano

Un estudo da UDC reconstrúe a evolución do lince europeo coa análise de ADN e proteínas antigas

A investigación analizará tres especies de lince do suroeste de Europa para reconstruír as súas relacións evolutivas e as hibridacións entre elas

O proxecto EDIH DATAlife forma a máis de 600 profesionais en novas tecnoloxías en Galicia

A iniciativa de Feuga promove a transformación dixital das pequenas e medianas empresas con 21 cursos impartidos

Do CINBIO a Sudáfrica para estudar a recombinación da covid: historia dunha viaxe

O grupo CME da UVigo leva anos estudando a evolución dos virus a través da bioinformática e centra parte dos seus estudos na monitorización do SARS-CoV-2