Xoves 25 Abril 2024

O Home de Xeo lucía 'tatoos'

O de encherse o corpo de tatuaxes é algo máis que unha moda pasaxeira.  Un grupo científico de EURAC, , o centro de investigación con sede na cidade italiana de Bolzano, acaba de descubrir os tatoos que lucía o Home de Xeo Ötiz, que se encontrou nun glaciar do Alpes. En concreto, e grazas a unha técnica fotográfica non invasora, os investigadores rexistraron un tatoo antes descoñecido na súa caixa torácica. Trátase dunha tatuaxe moi difícil de distinguir a simple vista, xa que a súa pel se escureceu notablemente co tempo.
A tecnoloxía fotográfica máis sofisticada permitiu identificar tamén as tatuaxes nas capas profundas da pel. Os descubridores de Ötzi xa notaran os gravados na pel o mesmo día en que o atoparon, o 19 de setembro de 1991. Trátase dalgunhas das tatuaxes máis antigas documentadas no mundo.
As 61 marcas da pel descubertas no corpo de Ötzi consisten en liñas de 0,7-4 cm de longo, na súa maioría dispostas en grupos de dous, tres ou catro liñas paralelas, e tamén inclúen dous cruzamentos. As tatuaxes recén descubertas na parte inferior dereita da caixa torácica son sorprendentesporque as outras marcas se encontran sobre todo na parte baixa das costas e as pernas entre o xeonllo e o pé. A causa das diferentes situacións das tatuaxes, algúns investigadores sospeitan que as marcas eran parte dalgún tratamento médico terapéutico, unha especie de acupuntura para aliviar a dor nas articulacións.
Ábrese así novamente o debate sobre o papel das tatuaxes nos tempos prehistóricos. Esta investigación deu aos investigadores unha nova peza para engadir o crebacabezas cando se trata de dilucidar se as tatuaxes prehistóricas tiñan unha importancia terapéutica, simbólica ou relixiosa. Futbolistas e estrelas do rock lócenos agora con fins máis prosaicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas