Sábado 27 Abril 2024

Santiago acelera as súas spin-off

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) iniciou a terceira edición do Acelerador de Transferencia, programa dirixido a avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación, facilitando a súa transferencia ao contorno social e económico seguindo a práctica doutros referentes nacionais e internacionais. O Acelerador de Transferencia leva a cabo as accións necesarias para cubrir a fenda entre os resultados dun proxecto de investigación e un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese para unha empresa ou outro axente externo, co obxectivo de aumentar as posibilidades de transferencia e polo tanto o seu valor.

Santiago explota na actualidade 200 patentes.
Santiago explota na actualidade 200 patentes.

Aqueles proxectos que aspiren a obter o respaldo do Acelerador de Transferencia da USC deberán identificar claramente cal é a brecha existente entre o resultado de investigación e o seu mercado potencial, debendo existir un destinatario final ou socio desenvolvedor para o proceso de transferencia co cal (no caso de que o proxecto resulte exitoso) se establecería un acordo de licenza ou se procedería á creación dunha spin-off.
Para a selección de proxectos candidatos a obter o respaldo do Acelerador de Transferencia, valorarase o grao de novidade; a posibilidade de protexer os resultados obtidos por patente ou por outro mecanismo de protección da propiedade intelectual; o grao de madurez; a importancia da necesidade social que busca resolver ou satisfacer co produto desenvolvido; as posibilidades comerciais (mercado ao que se dirixe e vantaxes competitivas do produto resultante); e implicación do grupo de investigación no proceso de transferencia.

Nos últimos 10 anos, creáronse 40 spin-off da Universidade de Santiago

Para clarexar calquera dúbida ou solicitar información adicional está dispoñible unha web neste enlace, e tamén no enderezo electrónico avte@usc.es ou as extensións 15586 (Alberto Rodríguez) e 15581 (Diego Suárez).
A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento é o servizo dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC encargado da xestión integral do proceso de transferencia dos resultados de investigación xurdidos no seu seo. O seu obxectivo é conseguir un impacto directo na sociedade dos resultados de investigación obtidos nos laboratorios e centros de investigación da USC, a través da súa incorporación en procesos, produtos ou servizos, e que polo tanto redunde no crecemento económico e na mellora do benestar social.
A USC leva máis de 20 anos transferindo resultados de investigación e figura entre as dez universidades españolas líderes en número de solicitudes e en contratos de licenza, posuíndo unha carteira de máis de 200 patentes. Nos últimos 10 anos creáronse 40 empresas baseadas en coñecemento xerado na USC.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

PhotoIlike, a intelixencia artificial que axuda a vender

A spin-off nacida na Universidade da Coruña consegue importantes clientes con só un ano de vida

A galega Qubiotech, premio europeo á mellor tecnoloxía médica

A empresa recibiu o galardón do xurado no programa Health Venture Lab polo software para a análise de neuroimaxes en doenzas neurodexenerativas

iBoneLab, a empresa lucense que analiza a integración de biomateriais en tecidos vivos

A nova spin-off da USC está impulsada polo grupo de investigación de Cirurxía, Radioloxía e Ecografía Experimental Veterinaria de Lugo