Venres 26 Abril 2024

O talento galego chama á porta de Silicon Valley

O sono de tres mozas do colexio Manuel Peleteiro de Santiago que non suman entre elas o medio século de vida está a piques de cumprirse. En poucos días emprenderán viaxe cara a Silicon Valley, a meca da innovación e o coñecemento mundial, para presentar Globed, un proxecto co que acaban de gañar o premio Audi Creativity Challenge e que tratarán de converter en realidade. O xurado destacou a compoñente solidaria do seu proxecto, entre máis de 300 colexios participantes de toda España, polo talento que amosaron para deseñar unha ferramenta que podería supoñer unha revolución educativa nos países subdesenvolvidos.

Placa do dispositivo do proxecto (dereita)
Placa do dispositivo do proxecto (dereita)

“O premio apostaba polo reto de mellorar a Educación a través da creatividade e para nós o maior problema que existe no mundo e que hai millóns de nenos que non poden acceder á Educación e por iso deseñamos Globed”, explica Nalú Rodríguez, estudante de 4º da ESO e unha das tres mozas que presentaron o proxecto xunto as súas compañeiras Paula Lamas e Clara Pantín.

Publicidade

Segundo explica Beatríz Padín, profesora de Físicas e titora do proxecto, o dispositivo ideado consiste nun ordenador pequeno e barato (Raspberry Pi) que contén un disco duro coas diversas unidades didácticas. Este disco duro so necesita conectarse a un teclado e a un pico-proxector para converterse nunha ferramenta ideal para ofrecer contidos educativos en lugares con carencias de infraestruturas. O dispositivo conta cunha pequena batería e pode cargarse mediante placas solares.

Ademais das posibilidades que presenta o proxecto para difundir contidos educativos en países subdesenvolvidos, tamén aposta a que profesores e alumnos de lugares cun nivel educativo superior podan axudar aos nenos doutras latitudes ofrecendo clases a través de videoconferencias a eses nenos. O dispositivo e de baixo custe, é fácilmente actualizable e  non necesita gastos periódicos.

“Trátase tamén de que os nenos dos colexios como o noso obteñan beneficios e podan beneficiarse do coñecemento doutras linguas e culturas. Ese é outro aspecto interesante de Globed”, indica Padín, que destaca especialmente a capacidade de sacrificio que amosaron as tres mozas para traballar no proxecto nos seus ratos libres e preparar e asistir en Madrid hai uns días á final do concurso (á que chegaron dez proxectos dos máis de 300 que se presentaron) coincidindo cos exames finais.

Agora, mentres terminan o curso  xa están preparando a viaxe a Silicon Valley, na que visitarán e recibirán formación nalgunhas das empresas máis innovadoras do mundo (Google, Twitter, Pinterest, Kiva, etc) e tratarán de espertar o interese de inversores que están dispostos a facer realidade o proxecto. A empresa Imagine, colaboradora do premio, facilitará ás mozas un curso baseado no Método Lombard para que a súa idea poida chegar a converterse nunha realidade.

“O máis importante é que a xente de Silicon Valley nos axude a facer realidade o proxecto”

“A experiencia do concurso en Madrid foi moi boa e fixemos amigos doutros equipos finalistas. O nivel era moi bo. Agora estamos moi ilusionadas coa viaxe a Silicon Valley, pero para nós o máis importante é que alí hai xente que ten moitos coñecementos e que pode axudarnos a facer realidade este proxecto para poder cambiar a vida de moitos nenos”, sinala Nalú Rodríguez.

Sen dúbida que máis alá da indubidable calidade do seu proxecto a humanidade que as mozas compostelás lle aportaron ao mesmo foi un dos factores decisivos para o seu éxito. É de agardar que no santuario da innovación tamén teñan en conta este aspecto para converter o seu sono en realidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O galego é a lingua cooficial cun menor desenvolvemento de tecnoloxía lingüística

Un informe de atlanTTic, incorporado ao European Language Equality, revela a brecha “crítica” respecto ao catalán e o éuscaro en recursos con datos multimedia ou do ámbito da saúde

Así funcionan as novas ferramentas de Google para ‘rescatar’ fotos pixeladas

Algunha vez presenciamos na ficción o procesamento de imaxes de baixa...

RadarCovid e Passcovid: dúbidas e confusión coas ‘apps’ do Goberno e a Xunta

As ferramentas de rastrexo anunciadas polas Administracións, que entrarán proximamente en funcionamento, amosan algúns puntos pouco claros