Dous enxeñeiros de Vigo, Antonio Maceiras e Julio Núñez, desenvolveron o consolador sexual do futuro. Tras crear a marca ‘Flesh4U’, deseñaron dous dispositivos automatizados, que poden ser tamén utilizados por discapacitados e controlarse remotamente, mesmo por Internet e polo móbil. A empresa comercializa estas máquinas na súa propia páxina web.
“Somos un grupo de enxeñeiros industriais e electrónicos que nos propuxemos deseñar e fabricar a mellor sex-machine do mundo”, explica esta empresa viguesa situada na rúa Quintela, no barrio vigués das Travesas. “Despois de analizar a oferta existente no mercado e as posibles innovacións, comezamos un proxecto de I+D para o desenvolvemento da gama EVO de flesh4u”.
O reto de Maceiras e Núñez era superar a tecnoloxía existente: “No mercado había fabricantes de consoladores e masturbadores de gran calidade. Así deseñamos unha sex-machine pequena, elegante, lixeira, silenciosa e doada de usar, dotada dun innovador movemento de xiro, ademais do habitual movemento de avance e retroceso,”.
A empresa viguesa de enxeñaría utilizou materiais avanzados como fibra de carbono moldeada a man, “a mesma que usan os máis prestixiosos fabricantes de coches deportivos e equipos de F1“. Ademais, empregan aceiro inoxidable, aluminio, plásticos técnicos e titanio, ademais de “unha potente motorización”.
Os enxeñeiros Maceiras e Núñez están a desenvolver unha web de contidos e cren que o seu dispositivo Flesh4U é especialmente compatible con páxinas de contido pornográfico. “Estes consoladores poden utilizarse con control a distancia, dende calquera lugar do mundo”, explican. O seu automatismo fainos tamén ideais para persoas discapacitadas. Todo un caso de I+D+i aplicado á sexualidade, dende Galicia.
Dous enxeñeiros de Vigo crean o consolador máis avanzado do mundo

La máquina de mi hijo