Temporal

A borrasca Diana culmina o novembro que empapou Galicia

Unha nova fronte con grandes ondas, vento e chuvia despedirá un mes con cifras moi altas de precipitacións en gran parte do país

Michael deixa fortes chuvias e vento no oeste de Galicia

Os restos do furacán, que cruzou o Atlántico, provocaron que se activase o aviso amarelo por precipitacións na costa oeste da Coruña

Chega Hugo, a primeira cicloxénese explosiva da primavera

Aínda que non deixará moita precipitación, está activado un aviso de nivel vermello no litoral norte de Galicia por ondas de ata 10 metros

Chuvia ou sol? As claves do tempo para a Semana Santa

Os modelos meteorolóxicos anticipan unha situación atmosférica intermedia de cara aos días festivos de final de mes

Aparecen 30 cetáceos varados en Galicia en dúas semanas

A Coordinadora para Estudo dos Mamíferos Mariños fala de "varamentos múltiples" debido á sucesión de temporais na costa

Chega a borrasca Gisele, “máis explosiva” ca Félix

A nova borrasca pasará máis lonxe de Galicia, pero deixará fortes precipitacións e ventos na madrugada do martes ao mércores

Chega a Galicia a primeira alerta vermella do inverno

A borrasca situada ao sur de Islandia apenas se notará en terra, pero deixará ondas de máis de 8 metros

Como se crea a manga mariña?

Este fenómeno, semellante a un tornado, sorprendeu aos veciños da costa galega na mañá deste mércores

Por que “Ana” ten nome propio?

As axencias meteorolóxicas de España, Portugal e Francia acordaron este mes bautizar as borrascas profundas para concienciar máis á poboación

O temporal deixou a súa pegada nas Illas Cíes

A forza do mar sepultou a comezos de febreiro o lago dos Nenos e o brazo de terra que une as illas de Monteagudo e do Faro

O temporal destroza a Estación das Ciencias Mariñas de Toralla

Imaxes dos danos polas ondas, que romperon a porta de seguridade e as cristaleiras blindadas