Pódcast: Bailando con Reis e Raíñas | 1. Un reino...

Ano 406, decenas de miles de invasores cruzan os límites do Imperio romano cara o sur de Europa. Son as invasións bárbaras. Os suevos diríxense á provincia de Gallaecia e crean un reino independente. O historiador e arqueólogo Jorge López Quiroga recrea aquela aventura.