Retro

Unha pintura de 43.900 anos achada en Indonesia revoluciona a arte rupestre

A revista "Nature" publica unha investigación na que se atoparon debuxos nunha cova das illas Célebes que marcarían un novo fito sobre a prehistoria

Corsarios galegos: o terror dos mares no século XVIII

Buques lendarios como 'O Veloz' ou 'O Audaz' fixeron dende os portos galegos grandes presas entre os barcos mercantes británicos

Unha tese debulla a creación das elites locais do franquismo na Galicia desde 1939

O historiador Adrián Presas analiza 4.840 nomes que conformaron o poder local de Galicia a partir de 1939

Os rexistros do último panda de Europa están na península ibérica

Científicos españois describen os fósiles dun exemplar de seis millóns de anos atopado nun xacemento de Las Casiones (Teruel)

A endogamia causou a “mandíbula dos Austrias”, segundo científicos galegos

Un estudo xenealóxico constata, a través da análise de retratos pictóricos, que a consanguinidade deixou trazas no rostro da dinastía

Así eran os planos das cidades galegas a comezos do século XX

A cartografía municipal de Benito Chías i Carbó amosa os cambios acontecidos nas urbes galegas no último século

Coto Wagner, a historia do monumental cargadoiro de ferro

O colosal embarcadoiro na ría de Vigo deu saída á maior explotación mineira de ferro da península Ibérica

A caveira que pon luz na historia medieval da Ribeira Sacra

A datación duns osos do século X atopados en maio no xacemento dos Conventos de Vilachá (Pobra do Brollón) enriquece o coñecemento da zona

Unha tese reconstrúe a agricultura da Idade de Ferro a través das sementes

A tese do investigador Andrés Teira expón a relevancia dos cultivos na conformación de identidades e na maneira de concibir o mundo destas comunidades

Reconstrúen a historia do “Gigantopithecus”, o curmán xigante dos orangutáns

Unha técnica para reconstruír proteínas do esmalte molar do primate permite recuperar a evidencia molecular máis antiga sobre a evolución dos homínidos

O Mapa de Sawley: Galicia como centro do mundo

Este mapamundi do século XII representa a catedral de Santiago como a fin do mundo coñecido

Chega a Galicia o ‘Libro das Invasións’: a lenda de Breogán

Así é o manuscrito medieval que narra como os Gaels dende Brigantia conquistaron Irlanda

‘Fotos’ en 3D para conservar o mosteiro de San Martiño Pinario

Un traballo dun investigador da USC desenvolve unha modelaxe do edificio compostelán para contribuír á súa preservación

Localizan en Verín o castelo medieval de Cabreira

Investigadores da Universidade de Vigo atopan esta fortaleza medieval que dominaba o val de Monterrei

‘Maruxa’ (1923): o primeiro grande éxito do cinema galego

A película de Celta Films, con subtítulos en galego, foi rodada en Vigo e estreada en Madrid cos mellores actores da súa época

O catedrático de Historia da USC Núñez Seixas, Premio Nacional de Ensaio

A obra "Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018" aborda unha xenealoxía histórica dos diversos discursos nacionalistas españois contemporáneos