A Ciencia en Galicia 2017

As cantigas de Martín Códax regresarán á ría de Vigo

O Pergamino Vindel será exposto no Museo do Mar de Galicia tras un acordo entre Xunta, UVigo e Morgan Library

Atopan a tumba de Ulf ‘O Galego’, o caudillo viquingo que arrasou Galicia

Coñecido en Dinamarca como Ulv Galiciefarer, saqueou as terras galegas do 1028 ó 1048

Medio millón de anos nunha estalagmita do Courel

Un traballo da Universidade da Coruña atopou na cova de Arcoia unha das series climáticas máis longas de Europa

Un traballo do CiQUS, entre os 10 artigos de Química máis innovadores do 2016

A revista británica 'Chemistry World' seleccionou un artigo no que o investigador Diego Peña colaborou con IBM

O director do CIQUS, José Luis Mascareñas, ingresa na Academia Europea de Ciencias

O catedrático da Universidade de Santiago entra na prestixiosa institución científica

Os mapas históricos de Galicia xa se poden descargar na web da USC

Pezas de singular valor, como a carta xeométrica de Domingo Fontán ou o proxecto da Alameda de Santiago, están a disposición do público no repositorio Minerva

A Academia de Ciencias premia investigacións sobre anisakis e obesidade

A RAGC recoñece nos seus premios anuais a investigadores do CSIC en Vigo e do IDIS de Santiago

Nace na Coruña a cátedra de divulgación científica Isabel Zendal

O nome rende homenaxe á enfermeira que coidou dos 22 orfos coruñeses que levaron a vacina da varíola a América

A UVigo anuncia o satélite galego ‘Lume-1’ contra os incendios forestais

A Agrupación Aeroespacial lidera o proxecto europeo Fire-RS, dotado con case dous millóns de euros

O químico Arturo López-Quintela ingresou na Real Academia Galega de Ciencias

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e fundador de Nanogap destaca pola súa investigación en nanotecnoloxía

Crean no CiTIUS un sistema de referencia mundial para analizar os electrocardiogramas

Científicos galegos colaboran con Harvard e o MIT no desenvolvemento dun algoritmo que detecta as falsas alarmas na actividade cardíaca

Descuberta na ría de Arousa unha nova especie de verme mariño

Este novo animal, bautizado Laqueusplana bocki, non presenta tentáculos e ten dous tipos diferentes de ollos

Identificada en Galicia unha nova especie de cetáceo de hai uns 8 millóns de anos

Investigadores da Sociedade Galega de Historia Natural danlle o nome de Beneziphius cetariensis, en homenaxe a Cedeira

Un vigués lidera o equipo internacional que alongou un 30% a vida de ratos

A prestixiosa revista 'Cell' publica o achado, que freou o envellecemento mediante reprogramación celular

Un laboratorio de Santiago investiga o asasinato do ‘Che Guevara’ africano

O Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro traballa cos restos de Thomas Sankara na busca do seu ADN

A ría de Vigo estrea o primeiro barco robot autónomo construído en España

O dron mariño galego 'Victoria', do proxecto Ulises, pode navegar sen axuda humana