Venres 26 Abril 2024

“A outra cara dunha batea”

Dende o seu comezo en 1946, o cultivo do mexillón Mytilusgallo provincialis nas rías Baixas experimentou un crecemento espectacular; hoxe en día é a rexión máis produtiva de Europa e unha das máis importantes a escala mundial. O número total de bateas en Galicia é de 3337, cun 97 por cento delas situadas nas rías Baixas e unha produción media anual de 250.000 toneladas.

Nas bateas crecen os moluscos bivalvos desexados pero tamén moitos outros organismos sobre as cordas e os flotadores, pertencentes a case a maioría dos grupos mariños máis importantes: ascidias, crustáceos, celenterados, poliquetos,briozoos, hidrozoos, esponxas, equinodermos. Entre as cordas deambulan así mesmo bancos de peixes como béstas, mujílidos e sargos.

Publicidade

Por outro lado, o cultivo de mexillón provoca na columna de auga unha forte diminución do seston, material en suspensión, con vida ou sen ela, filtrado polo organismo. Obsérvase ademais un incremento na concentración de amonio, produto de excreción do mexillón. As altas taxas de material sedimentado, asociado á deposición de feces, orixina un aumento na densidade de individuosepibentónicos (organismos que habitan na superficie do fondo mariño) en comparación coas zonas sen bateas.

Polo que unha batea de mexillón é un auténtico ecosistema que convén estudar con detemento, xa que aínda que é un verdadeiro arrecife para moitos organismos mariños, tamén produce unha alteración na estrutura das comunidades que habitan no fondo.

Para ver as fotos, en INVESTIGARTE

Noraboa a Jorge Hernández Urcera pola súa foto e a todos os que convocan InvestigArte: Fundación Barrié, Campus Vida da USC, Universidade de Santiago, IDIS e Fundación Ramón Domínguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ataque caníbal dun polbo, publicado por científicos galegos

Os investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de VIgo (CSIC) Jorge Hernández Urcera, Ángel Guerra e Manuel E. Garci firman o traballo

As mellores fotos de ciencia en Galicia, en InvestigArte

O Colexio Fonseca de Santiago abre a exposición sobre as 209 imaxes do certame convocado pola Fundación Barrié

O Campus Vida abre o prazo do concurso de fotografía científica ‘InvestigArte’

Investigadores e estudantes de secundaria, bacharelato e Formación Profesional xa poden...

El pulpo es caníbal

Científicos de Vigo graban en Cíes sorprendentes comportamientos de cefalópodos tras casi tres años de investigaciones