Lucy, de 3,2 millóns de anos, cumpre 40

Hai 40 anos, o 24 de novembro de 1974, apareceu Lucy, o esqueleto fosilizado case completo dun homínido da especie Australopithecus Afarensis, de 3,2 millóns de anos de antigüidade, descuberto polo estadounidense Donald Johanson a 159 quilómetros ao sur de Adís Abeba, en Etiopía. A achega que fixo Lucy ao coñecemento da evolución foi espectacular. Ata ese ano non existían probas claras de bipedismo en ningunha especie con máis de 2 millóns de anos de antigüidade. Astralophitecus afarensis viviu en África hai 3,2 millóns de anos, e é un dos homínidos máis antigos que se coñecen. E sabemos que camiñaba ergueita, polo que Lucy pertence ó punto en que os homínidos comezaron a ter unha aparencia máis humana que simia. A famosa Lucy consérvase nunha caixa forte en Adis Abeba e hai reproducións do seu esqueleto nos máis grandes museos de historia natural. É toda unha celebridade. O seu nome tamén ten historia. Johanson e o seu equipo barallaban algúns nomes femininos cando comezou a soar na radio do campamento 'Lucy in the Sky with Diamonds', de The Beatles. Lucy foi o nome escollido case por unanimidade.
Hai 40 anos, o 24 de novembro de 1974, apareceu Lucy, o esqueleto fosilizado case completo dun homínido da especie Australopithecus Afarensis, de 3,2 millóns de anos de antigüidade, descuberto polo estadounidense Donald Johanson a 159 quilómetros ao sur de Adís Abeba, en Etiopía. A achega que fixo Lucy ao coñecemento da evolución foi espectacular. Ata ese ano non existían probas claras de bipedismo en ningunha especie con máis de 2 millóns de anos de antigüidade. Astralophitecus afarensis viviu en África hai 3,2 millóns de anos, e é un dos homínidos máis antigos que se coñecen. E sabemos que camiñaba ergueita, polo que Lucy pertence ó punto en que os homínidos comezaron a ter unha aparencia máis humana que simia. A famosa Lucy consérvase nunha caixa forte en Adis Abeba e hai reproducións do seu esqueleto nos máis grandes museos de historia natural. É toda unha celebridade. O seu nome tamén ten historia. Johanson e o seu equipo barallaban algúns nomes femininos cando comezou a soar na radio do campamento ‘Lucy in the Sky with Diamonds’, de The Beatles. Lucy foi o nome escollido case por unanimidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cantas persoas naceron o mesmo día ca ti? Compróbao nesta aplicación

O Instituto Nacional de Estatística ofrece unha ferramenta interactiva que permite descubrir canta xente está de aniversario en España nun día, mes e ano concretos

Dende 26 ata 15 anos: as nove focas do Aquarium que están de aniversario

A meirande parte de exemplares do museo coruñés sopra as velas entre o 2 e o 10 de xullo, datas que coinciden co seu ciclo reprodutivo

Altofalantes da lingua e da ciencia

Estimados colegas e amigos de Gciencia: Antes de nada, gustaríame darvos os...

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias festexa 30 anos de coñecemento compartido

O seu presidente, Julio Casal, reivindica o compromiso coa divulgación científica para achegar información de calidade á sociedade