PODCAST | Que ten que ver o sono coa saúde cardiovascular. Con Ramón Hermida

Falamos de cronobioloxía con Ramón Hermida, do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía de atlanTTic, que participa en estudos sobre o risco de eventos cardiovasculares, metabólicos e renais do control da presión arterial durante o sono.

Ciencia de Ida e Volta, con Roberto Barcala e Felipe Fernández.
Ciencia de Ida e Volta, con Roberto Barcala e Felipe Fernández.

Falamos de cronobioloxía con Ramón Hermida, do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía de atlanTTic. Hermida traballa no desenvolvemento de liñas de investigación como estudo Thadeus (Tratamento de Hipertensión Arterial Durante o Sono), que ten como obxectivo valorar prospectivamente o efecto sobre o risco de eventos cardiovasculares, metabólicos e renais do control da presión arterial durante o sono.

Nova entrega do podcast Ciencia de Ida e Volta, tamén dedicado ao Día Mundial da Saúde. Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) da UVigo que conta co apoio da da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.