Domingo 28 Abril 2024

O efecto Casimir: da maionesa ao Universo

Créditos da imaxe e copyright: Umar Mohideen (U. California en Riverside)
Créditos da imaxe e copyright: Umar Mohideen (U. California en Riverside)

Explicación: esta bóla diminuta proporciona evidencias de que o Universo se expandirá eternamente. A bóla, que mide pouquiño máis dunha décima de milímetro, móvese cara unha placa plana en resposta ás fluctuacións enerxéticas do baleiro do espazo. A atracción coñécese coma o efecto Casimir, denominado polo seu descubridor quen, hai 55 anos, estaba tentando comprender por que os fluídos como a maionesa se move tan paseniñamente. Hoxe, as evidencias indican que a maior parte da densidade de enerxía do Universo esta nunha forma descoñecida alcumada enerxía escura. A forma e a xénese da enerxía escura é descoñecida case por completo, pero postúlase coma relacionada coas fluctuacións do baleiro semellantes ao efecto Casimir pero xerado dalgún xeito polo propio espazo. Esta enorme e misteirosa enerxía escura semella repeler gravitatoriamente toda a materia e por tanto posiblemente provoque que o Universo se expanda sempre. A comprensión da enerxía do baleiro está en primeira liña de investigación non só para entender mellor o noso Universo senón tamén para evitar que as partes da micro-máquina mecánica batan entre si.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

[VÍDEO] O espectacular adianto da viaxe aos aneis de Saturno

O audiovisual da NASA foi realizado con imaxes tomadas pola sonda Cassini, tratadas dixitalmente, que formarán parte dun novo documental

As medidas de expansión do universo non cadran

O modelo cosmolóxico sobre a expansión do universo ten contradicións que se revelan nun novo artigo sobre a constante de Hubble

A NASA publica esta espectacular aurora dragón

A imaxe foi tomada por dous fotógrafos chineses e amosa o fenómeno das partículas solares impactando contra a nosa atmosfera

As reflexións de Venus e da Lúa

A conxunción do planeta co satélite natural da Terra dende a praia de Santa Marinella preto de Roma