Venres 26 Abril 2024

Un poierento universo illa

Créditos da imaxe e copyright: Stefano Cancelli, Paul Mortfield
Créditos da imaxe e copyright: Stefano Cancelli, Paul Mortfield

Explicación: a coruscante NGC 253 é unha das galaxias espirais máis brillantes visibles, e tamén unha das máis poeirentas. É chamada por algúns como a galaxia do Dólar de Prata pola súa aparencia en telescopios pequenos, ou só a galaxia Escultor pola súa ubicación nos límites da constelación meridional Sculptor. O poeirento universo illa, descuberto en 1783 pola matemática e astrónoma Caroline Herschel, está a só 10 millóns de anos luz de distancia. Cuns 70 milleiros de anos luz de diámetro, NGC 253 é o membro máis grande do Grupo de Galaxias Escultor, o máis achegado ao noso propio Grupo Local de Galaxias. En adición aos seus corredores espirais de po, os gaviáns de po semellan estar a se erguer desde un disco galáctico amalloado con cúmulos de estrelas mozas e recións de formación estelar nesta definida imaxe en cor. O gran contido de po acompaña a unha formación estelar frenética, facendo queNGC 253 se gañe a designación de galaxia de estoupido estelar. NGC 253 tamén é coñecida por ser unha potente fonte de raios X de alta enerxía e raios gamma, probablemente debido a buratos negros masivos preto do centro da galaxia. Dáte unha volta polo espazo extragaláctico neste corto vídeo que sobrevoa NGC 253.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

[VÍDEO] O espectacular adianto da viaxe aos aneis de Saturno

O audiovisual da NASA foi realizado con imaxes tomadas pola sonda Cassini, tratadas dixitalmente, que formarán parte dun novo documental

A NASA publica esta espectacular aurora dragón

A imaxe foi tomada por dous fotógrafos chineses e amosa o fenómeno das partículas solares impactando contra a nosa atmosfera

As reflexións de Venus e da Lúa

A conxunción do planeta co satélite natural da Terra dende a praia de Santa Marinella preto de Roma

Galaxias afastadas

Unha imaxe do Telescopio Espacial Hubble tomada a 450 millóns de anos luz