No interior do cúmulo galáctico Coma

Cúmulo galáctico Coma

Cúmulo galáctico Coma
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Heritage (STScI/AURA); Agradecementos: D. Carter (LJMU) et al. e o Coma HST ACS Treasury Team.

Explicación: case cada obxecto da fotografía superior é unha galaxia. O cúmulo galáctico Coma fotografado enriba é un dos cúmulos máis densos coñecidos; contén milleiros de galaxias. Cada unha destas galaxias aloxa milleiros de millóns de estrelas; xusto tantas coma a nosa propia galaxia Vía Láctea. Aínda que preto, comparado con outros cúmulos, á luz procedente do cúmulo Coma aínda lle leva centos de millóns de anos en chegar a nós. De feito, o cúmulo Coma é tan grande que a luz tarda millóns de anos en ir dun extremo ao outro! O mosaico superior de imaxes dunha porción pequena de Coma tirouse cun detalle sen precedentes en 2006 polo Telescopio Espacial Hubble para investigar como as galaxias dos cúmulos ricos se forman e evolucionan. A maior parte das galaxias de Coma e outros cúmulos son elípticos, aínda que algunhas fotografadas son claramente espirais. A galaxia espiral da parte superior esquerda da imaxe superior tamén pode atoparse coma unha das galaxias máis azuis da parte superior esquerda desta imaxe de campo amplo. No fondo, milleiros de galaxias poden verse sen relación con estas, visibles máis lonxe por todo o Universo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.