
Explicación: ergue os teus brazos se ollas unha aurora. Con esas instrucións, aló foron dúas noites ben cheas de nubes; na maior parte. Aínda que á terceira noite de volta nos mesmos cumios, o ceo non só clarexou senón que tamén se alumeou cunha espectacular exhibición auroral. Os brazos foron ao alto, pagando a pena a paciencia e a experiencia, e a abraiante fotografía que se amosa foi captada. O escenario é un cumio do fiorde Austnesfjorden, preto da cidade de Svolvear, nas illas Lofoten, ao norte de Noruega. O momento foi a mediados de xullo. O noso Sol estivo a producir recentemente unha chea de pintorescas auroras mentres está preto do momento da súa máxima actividade superficial no seu ciclo magnético de 11 anos.