Misterioso rasgo cambiante en Titán

Lúa Titán
Lúa Titán
Créditos da imaxe: Cassini Radar Mapper, ASU, JPL, ESA, NASA.

Explicación: que é ese obxecto cambiante nun frío mar de hidrocarburos de Titán? As imaxes de radar da nave espacial automática Cassini  que está a orbitar a Saturno estivo a gravar a superficie envolta en nubes da lúa Titán durante anos. Ao fotografar a superficie chaira, e por tanto escura ao radar, do lago de metano e etano chamado Ligeia Mare, apareceu un obxecto en 2013 que non estaba aí en 2007. As observacións seguintes atoparon que o obxecto perduraba; pero cambiara! A imaxe publicada amosa como o obxecto de 20 quilómetros de longo aparecía e evolucionaba. As explicacións actuais que especulan sobre a súa orixe inclúen escuma burbullante e sólidos flotando, pero non hai nada seguro. As observacións futuras poden ben resolver o enigma ou abrilo a máis especulacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.