Sábado 27 Abril 2024

Este cometa Lovejoy

Cometa Lovejoy
Créditos da imaxe e copyright: Damian Peach.

Explicación: o cometa Lovejoy, C/2014 Q2, encádrase coma unha árbore de Nadal cósmica con decoración estrelada neste retrato telescópico cheo de cor, fotografado o 16 de decembro. A súa adorable coma tínguese de verde pola fluorescencia do gas C2 diatómico baixo a luz solar. Descuberto en agosto deste ano, este cometa Lovejoy está actualmente movéndose no norte ao través da constelación Columba, dirixíndose a Lepus no sur de Orión e brillando abondo para ofrecer boas vistas binoculares. Non é a súa primeira vez ao través do Sistema Solar interno, este cometa Lovejoy pasará máis preto do planeta Terra o 7 de xaneiro, mentres que o seu perihelio (o punto máis achegado ao Sol) será o 30 de xaneiro. Por suposto, o propio perihelio de 2015 do planeta Terra está programado para o 4 de xaneiro. Lovejoy, un cometa de periodo longo, debería voltar de novo nuns… 8.000 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente