As plantas invasoras na Costa de Dexo-Serantes, vistas polos máis cativos

“Quérote Plantiña” é un proxecto dos nenos e nenas do CEIP Luis Seoane de Oleiros, que desenvolveron un exhaustivo traballo sobre as plantas invasoras na Costa de Dexo-Serantes, ou prantas “abusonas”, como eles lles chaman.

Este traballo fíxose para o  I Congreso Escolas en Acción‬– Rede Natura 2000, celebrado o pasado 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, en Compostela. Os cativos do CEIP Luis Seoane de Oleiros foron os máis novos entre todos os participantes de distintos centros educativos galegos, que investigaron e aprenderon sobre os espazos naturais protexidos de Galicia.

O programa de educación ambiental Escolas en Acción – Rede Natura 2000 está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.