Cabaliño do demo

Cabaliño do demo / Mikel González González de Heredia. InvestigArte

Cabaliño do demo: “Coitus Interruptus”

Mikel González González de Heredia, de Neiker-Teknalia (Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario), presentou en InvestigArte esta imaxe dunha femia do xénero Ischnura.

Unha xornada de mostraxes sempre pode rematar nunha imaxe para o recordo. Esta insólita fotografía de Mikel González González de Heredia require ser explicada para poder ser entendida por todos aqueles alleos ao precioso mundo dos insectos. A fotografía mostra un esvelto exemplar de cabaliño do demo o cal se diferenza das súas irmás as libélula verdadeiras entre outras cousas, por ter a capacidade de pregar as súas ás en posición de repouso. O exemplar da imaxe trátase dunha femia do xénero Ischnura pertencente á familia Coenagrionidae e foi fotografado na Braña de Salburua, en Vitoria-Gasteiz, cidade que no ano 2013 foi galardoada como capital verde Europea. O inusual da imaxe é a estrutura alongada fixada na parte posterior do exemplar. Trátase do abdome dun macho da súa mesma especie que durante o apaixonado momento da cópula, a femia da imaxe decidiu soltarse arrancando literalmente o abdome do macho. O apareamento dos odonatos posúe un sistema reprodutor moi curioso no cal o macho agarra coas súas “abrazadeiras xenitais” do colo da femia mentres esta curva o seu abdome para recoller o esperma dende dos orificios xenitais posteriores do abdome do macho. Non obstante nesta ocasión con transferencia exitosa de esperma ou non, a vida do macho esvaeceuse no momento máis belo da súa vida deixando “a súa virilidade” fixada eternamente ao corpo da súa parella de cópula.

Para ver as fotos, en INVESTIGARTE

Noraboa a  Mikel González González de Heredia pola súa foto e a todos os que convocan InvestigArte: Fundación Barrié, Campus Vida da USC, Universidade de Santiago, IDIS e Fundación Ramón Domínguez.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.