Mércores 15 Maio 2024
Home Fotonautas Videonautas Así vivía o neno lobo en 1977

Así vivía o neno lobo en 1977

0
Así vivía o neno lobo en 1977
.

Marcos Rodríguez Pantoja, o neno lobo de Sierra Morena, vive en Galicia e precisa axuda para mercar unha caldeira de pellets para a súa casa, polo que a asociación Amigos das Árbores da Limia puxo en marcha unha campaña de solidariedade. Non só buscan axuda económica, senón tamén que Marcos poida aportar o seu testemuño vital a través de charlas educativas e rutas didácticas.

A historia de Marcos coñeceuse, sobre todo, a partir da película Entrelobos, estreada en 2010, pero xa houbo quen desde moito tempo antes o coñeciu de preto e axudouno, estudando o seu caso e as implicacións científicas e sociais que tiña. É o caso do antropólogo mallorquín Gabriel Janer, que nos anos 70 soubo de Rodríguez Pantoja en Palma de Mallorca e decidiu estudar a súa vida nunha tese de doutoramento.

Publicidade

Nestas imaxes, gravadas por Janer e publicadas pola BBC, obsérvase como era Marcos apenas 15 anos despois de ser recollido dos montes de Sierra Morena pola Guardia Civil.

Tamén podes ler:

O neno lobo de Sierra Morena vive en Galicia e precisa axuda

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.