Así arrasan as chuvias os montes queimados

Aínda que as chuvias eran agardadas e necesarias en moitas zonas de Galicia, nos montes queimados están a producir un novo episodio moi preocupante a nivel medioambiental. As fortes precipitacións dos últimos días erosionan as zonas máis afectadas polo lume e arrastran cinzas e outros sedimentos que contaminan os cursos de auga.

Así se pode ver nas imaxes que achega Xosé Santos, traballador forestal e membro do colectivo ambientalista Amigas das Árbores da Limia. O vídeo está gravado na Serra da Cabeza de Meda, entre os concellos de Esgos e Xunqueira de Espadanedo, onde se produciron varios lumes de gran extensión o pasado mes de outubro. Os cauces de auga tributarios do río Arnoia, á súa vez afluente do Miño, baixan moi cargados de residuos, unha situación que se pon de manifesto en vilas como Maceda ou Baños de Molgas, onde o río amosa unha gran cantidade de restos de árbores e cinzas.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.