O vídeo da ardora alumeando a ría de Vigo

O fenómeno da ardora alumea a ría de Vigo neste vídeo publicado por Sailway Charter nas proximidades das illas Cíes.

A ardora é un fenómeno natural de bioluminiscencia, polo que o mar corusca cunha luz procedente de bacterias como a Vibrio harveyi, asociadas ás algas e ó plancto.  Popularmente coñecido polos mariñeiros, a ardora chegou á literatura a través de Xulio Verne, na súa obra ‘20.000 leguas baixo dos mares’, pero non foi ata o ano 1915 cando os científicos comezaron a estudar o fenómeno, que hoxe está perfectamente documentado.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.