Premio para o espectacular vídeo submarino do vigués Jorge Candán

Jorge Candán é un experimentado realizador galego, especializado en documentais de natureza para canais de televisión de medio mundo. É un colaborador habitual da prestixiosa National Geographic Society. E acumula premios de cine submarino.

Esta semana vén de gañar un novo galardón, o segundo premio no Campionato de España de Vídeo Subacuático CEVISUB 2017, celebrado a comezos de outubro en Los Cristianos, en Tenerife. Xunto a Pilar Barrros, asina a curtametraxe ‘Yo tengo un sueño’, no que emprega imaxes submarinas gravadas na súa estadía nas illas Canarias para o campeonato, acompañado de mensaxes que buscan concienciar sobre a fraxilidade dos ecosistemas oceánicos e a responsabilidade dos humanos por coidar esta riqueza natural.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.