Por segundo ano seguido, o fotógrafo carballés Marcos Rodríguez conseguiu o premio Cámara de Ouro na categoría de Reportaxe, o que lle outorga o título de Mellor Fotógrafo Europeo do Ano. Rodríguez gañou grazas á suma dos votos que recibiron tres imaxes que presentou ao concurso. Unha delas, a que encabeza esta información, foi tomada durante un incendio que afectou a Cee, a localidade donde reside desde hai anos. As outras dúas imaxes están tomadas en Sicilia, onde retratou a un vendedor de paraugas, e en Costa de Marfil, na que sae unha nena nun orfanato do país.
Nos últimos anos, este fotógrafo galego sumou numerosos premios, entre os que destacan o recoñecemento como mellor fotógrafo español do ano en 2016, e a medalla de prata na Copa do Mundo. No concurso no que este ano revalidou o triunfo, o ano pasado presentara tres imaxes tomadas en Galicia: dúas sobre o varamento dunha balea en Corcubión e a outra sobre a rapa das bestas en Cedeira.