Un electrocardiograma portátil e instantáneo para salvar vidas

O paciente non o notará mentres camiña, dorme ou toma un café, pero un pequeno parche de oito centímetros e dous electrodos, pegado á pel do peito, estalle a controlar o corazón segundo a segundo e, se hai algún incidente, o seu médico recibirá o extracto do electrocardiograma en tempo real. O sensor, co nome de e-Heart, ten a virtude de provocar a alarma instantánea no caso de arritmia con fibrilación auricular, un tipo de alteración no ritmo cardíaco a miúdo asintomática pero capaz de producirlle un inctus mortal ao doente. É unha solución rápida fronte a outras que xa existen no mercado pero que actúan como acumuladores, só analizables a posteriori.

La arritmia con fibrilación auricular es a menudo difícil de detectar
La arritmia con fibrilación auricular es a menudo difícil de detectar

A firma Conexiona Telecom, asentada no Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole en San Cibrao das Viñas, lidera o consorcio de 6 empresas –con Optare, Quobis, Hacce e Tecsoftcom, Gradiant e a Fundación do Complexo Hospitalario da Coruña- que fixo posible o prototipo de e-Heart. Sen cables e cunha única derivación–polo tanto, pouco intrusivo- o sensor recolle datos vitais sobre o comportamento do corazón e transmítellos a un cardiólogo en caso de problemas. “Este sensor conecta vía Bluetooth cun teléfono intelixente e a nosa aplicación analiza os datos e detecta os complexos QRS, que miden se hai unha arritmia con fibrilación auricular”, explica Carlos Sande, biólogo e director de innovación e proxectos de Conexiona, fundada en 2006 e especialidada no desenvolvemento de solucións JAVA para ferramentas que coma esta funcionan en tempo real.  A aplicación telefónica e unha plataforma de xestión médica son capaces de facer o resto: preguntarle ao paciente por síntomas, extraer os datos detectados da anomalía, envíalos a un sistema na nube e poñelos en coñecemento do médico.
“Permite que o paciente o poda levar colocado até que se atope a fibrilación. A idea é de prevención, saber se existe ese problema ou descartalo”, apoia Sande. A ferramenta usará un sistema de WebRTC, que axiliza a comunicación entre médico e paciente a través do navegador, sen a descarga continúa de software. Ademais, e-Heart permite que a análise de datos e o seu procesamento se realice de principio a fin na aplicación móbil, para que só se garden os fragmentos anómalos da análise.

Vinte médicos e enxeñeiros traballaron xuntos para desenvolver o e-Heart

Ademais, a detección precoz faise cunha única derivación-cada un dos puntos de rexistro do electrocardiograma – contra outras solución máis incómodas. “Hai outros sistemas para detectalos, como o Holter, pero son basicamente rexistradores. A análise non se produce no momento nin con tempo suficiente. Por outra banda, en solucións con moitas derivacións apenas se pode facer unha actividade normal. O noso proxecto quería demostrar que é factible e fiable usando unha única derivación”.
E-Heart presentouse oficialmente a finais de agosto nun acto en San Cibrao das Viñas no que o conselleiro de Industria, Francisco Conde, aplaudiu a comuñón de esforzos das empresas na aplicación das TICs ao ámbito sanitario. O custe total desta primeira fase de proxecto foi de 700.000 euros, un 60% financiados pola Axencia Galega de Innovación a través do programa Conecta Peme. “Gustoulles moito o proxecto”, asegura Sande, quen para o futuro soña cunha compra innovadora que faga do e-Heart unha ferramenta de uso cotiá no Sergas. No proxecto puxeron o seu empeño vinte persoas, dende enxeñeiros a expertos en TIC e médicos.

Publicidade

A empresa quere facer estudos clínicos nos hospitais de Galicia

Máis queda aínda un longo camiño para que a ferramenta sexa unha realidade no sistema sanitario galego. Sande advirte que está nunha fase inicial e que aínda quedan cuestións por pechar, como o fabricante do sensor, ademais dos estudos clínicos que no futuro se desenvolverán en hospitais galegos. As probas que deben superarse alongarán a posta en marcha do dispositivo polo menos «dous ou tres anos máis», segundo Sande.
O que si abre e-Heart é grandes esperanzas á hora de atopar arritmias até agora sen diagnosticar. Segundo datos do estudo OFRECE, impulsado pola Agencia de Investigación de la Sociedad Española de Cardiología, máis dun 4% da poboación maior de 40 anos presenta fibrilación auricular. O mesmo informe indica tamén que até un 9% dos españois que a padecen nin tan sequera o sabe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Relacionadas

Galicia quiere volar a la vanguardia en el sector de los drones

El proyecto del aeródromo de Rozas implicará a un gran número de investigadores y empresas gallegas