O asistente de conversación Celia da UVigo combate a soidade non desexada a través de WhatsApp

Un equipo de atlanTTic desenvolve a aplicación para evitar o illamento dos maiores e detectar enfermidades neurodexenerativas

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, desenvolveu o asistente de conversación Celia para combater a soidade non desexada entre as persoas de idade avanzada e detectar de forma precoz enfermidades neurodexenerativas. Celia xa está dispoñible de forma gratuíta a través de WhatsApp para todas aquelas persoas que queiran empezar a probalo.

O proxecto liderado por Francisco Javier González Castaño busca dar resposta a dous dos retos máis complexos que afronta a sociedade actual. Como explica o investigador Pablo Campos: “Trátase dun proxecto innovador de intelixencia artificial co que mellorar a calidade de vida das persoas de idades avanzadas en varios contextos, o emocional e o sanitario”.

Publicidade

A intelixencia artificial ao servizo das persoas

Segundo os datos do Intituto Nacional de Estatítica (INE), en España hai un total de 9,7 millóns de persoas maiores de 65 anos, e as previsións sinalan que nas próximas décadas ascenderá ata os 15 millóns. Destas persoas, actualmente máis de 2 millóns viven soas, e esta cifra aumentará ata os 7 millóns en 20 anos. Por outra banda, na actualidade non existen mecanismos efectivos de detección temperá para enfermidades cognitivas como o alzhéimer ou a demencia. Con todo, comprobouse que o tratamento en etapas iniciais pode axudar a atrasar a súa progresión e a mellorar a calidade de vida destes pacientes.

Ante este contexto, un equipo de atlanTTic traballa desde hai cinco anos para dar resposta a ambos retos. Da valorización destes traballos nace Celia, o primeiro asistente de conversación que permite o uso da voz e pon á intelixencia artificial ao servizo das persoas.

Publicidade

O asistente foi deseñado para acompañar, conversar e entreter con empatía a persoas de idade avanzada, ao mesmo tempo que monitoriza a saúde cognitiva dos seus usuarios a través da análise da linguaxe e a voz. Neste sentido, comprobouse que a voz é unha ferramenta biométrica cuxos parámetros permiten monitorizar enfermidades neurolóxicas, emocionais ou cardiorespiratorias, polo que no futuro ampliarase o número de enfermidades a controlar mediante estas ferramentas de intelixencia artificial. Ademais, e a diferenza doutros asistentes que hai no mercado, comunícase cos seus usuarios sen esperar unha orde.


Podes acceder a Celia a traves desta ligazón ou agregando o contacto 655 64 14 45 ao teu teléfono para iniciar unha conversación de Whatsapp.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fernando Aguado: “A variación do sinal con respecto a Vigo axudará a situar Orion na Artemis II”

O catedrático da Universidade de Vigo cualifica de “soño” a participación do seu equipo no percorrido cara á Lúa na nova misión da NASA

Galicia, na misión Artemis II da NASA: así traballa a UVigo no seguimento de Orion

Un grupo de atlanTTic analizará unha monitoraxe continua durante dez días para asegurar a correcta traxectoria da cápsula

atlanTTic impulsa unha rede experimental única de referencia internacional en 5G e 6G

O centro da UVigo desprega no campus de Lagoas-Marcosende unha infraestrutura avanzada para validar comunicacións móbiles de nova xeración en contornas reais

Confirmado: se es ‘adicto’ a ver maratóns de series tes máis probabilidades de sentirte só

O enganche a programas televisivos e de plataformas de 'streaming' pode resultar obsesivo e ter efectos prexudiciais para a saúde mental a longo prazo