Venres 26 Abril 2024

Moas do siso: vestixios da especie que ás veces se volven moi molestos

Os terceiros molares, que emerxen coa chegada á idade adulta, atópanse nun lugar complicado que pode multiplicar os problemas

O seu nome nos distintos idiomas revélanos moito sobre elas: moas do siso ou dentes do siso, en galego e portugués, moas do xuízo ou muelas del juicio, en galego e castelán, wisdom tooth, en inglés, dente del giudizio, en italiano, dent de sagesse, en francés, ou weisheitszahn, en alemán. Xa desde o latín (dens sapientiae) quedou na linguaxe a constancia destas particulares pezas dentais. As moas do siso, que aparecen desde a adolescencia e ata ben entrada a idade adulta, son ben coñecidas por parte da poboación, sobre todo pola dor e as molestias que, ás veces, acaban provocando a súa extracción.

A orixe das moas do siso

Segundo as investigacións realizadas á dentadura de homínidos antigos, o terceiro molar, correspondente coas catro moas do siso, tiña un tamaño moito maior nos nosos devanceiros. Existen, de feito, algúns estudos nos que se analizan as distintas prevalencias do terceiro molar en diferentes rexións do planeta. A evolución da especie, e debido en parte ao cambio progresivo da dieta paleolítica a outra máis variada, unido aos conseguintes cambios culturais, provocou que as mandíbulas do Homo sapiens se fosen estreitando, xa que non era precisa tanta forza para mastigar e triturar os alimentos. “Deste xeito, as mandíbulas ao ir reducindo o seu tamaño, impiden que as moas do xuízo teñan o espacio necesario para poder saír e cumplir a súa función dentro da boca”, explica Simón Pardiñas, director da Clínica Médico Dental Pardiñas.

Publicidade

En ocasións, as moas do siso poden emerxer de forma normal, sen dar ningún tipo de sintomatoloxía. “Pero en moitos casos estas erupcionan nunha mala posición, xeralmente debido a unha falta de espazo na boca, e desencadean diversos problemas”, engade Pardiñas.

As anomalías poden ser de moi diversos tipos. É posible que afecten ás pezas dentarias contiguas, ou que non cheguen a emerxer fóra da enxiva, pero estean causando un importante dano no interior da mesma. Nestes casos pode chegar a causar unha pericoronarite, a inflamación ou infección da enxiva que recobre a moa.

“Este proceso pode producir dor, mal alento, mal sabor de boca e, en casos máis avanzados, causa febre”, apunta Simón Pardiñas. Ás veces, estes episodios poden remitir con antibióticos e antiinflamatorios, pero esta infección pode volver a xurdir, e mesmo converterse en crónica. Nestes escenarios, a solución é a extracción das moas do siso. Ás veces, se a moa oposta non se extrae, pode aparecer a extrusión (desprazamento non desexado desta peza dental), que leva a contactos coa enxiva oposta, incrementando o risco de inflamación. Isto pode levar, por tanto, á extracción da devandita moa oposta.

Ademais, noutros casos a malposición das moas do xuízo pode danar as pezas veciñas, producíndolles carie, desprazamentos e chegando mesmo a poder perder ambas as dúas pezas.

“É recomendable diagnosticar de forma temperá un posible problema nas moas do xuízo, xa que a súa extracción resulta máis sinxela e con menos complicacións postoperatorias a idades temperás, nas que as moas do sisto non están totalmente formadas”, conclúe Simón Pardiñas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os riscos do ‘piercing’ na boca e como evitalos

Este tipo de perforacións están de moda, pero non son inofensivas, poden causar numerosas complicacións e lesións

Un estudo busca atopar a relación entre e a saúde bucodental e a do resto do corpo

A Fundación Clínica Pardiñas busca pacientes con periodontite para participar nun traballo sobre a eficacia de diferentes enxaugues bucais para a súa prevención

Un investigador da USC deseña un sistema para calcular idade e sexo en radiografías dentais

A tese doutoral de Nicolás Vila basease nunha metodoloxía de alta precisión e de fácil implantación que reduce os tempos e usa a intelixencia artificial

Que causa a perda de esmalte? Tipos e tratamentos do desgaste dental

A perda da estrutura dental máis externa, que tamén provoca a caída dos dentes, pode ter varias causas, así como solucións acordes a estas