A feble cadea da biodiversidade

Máis de 320 especies de vertebrados terrestres extinguíronse nos últimos 600 anos e as poboacións de moitos outros atópanse nun proceso de diminución da súa abundancia, que afecta gravemente ao funcionamento dos ecosistemas. Co obxectivo de amosar o impacto que a perda dos grandes vertebrados, coñecidos co nome de megafauna, pode ter sobre outros organismos cos que estes animais interactúan, como é o caso das plantas que dispersan as súas sementes en froitos carnosos, o grupo Divulgare da Universidade de Vigo, estrea un novo vídeo, que se suma aos traballos desenvolvidos polo grupo que dirixe Luis Navarro. “As perdas de megafauna non son gratuítas. Agora comezamos a entender as desastrosas consecuencias que a perda destes animais está provocando nos ecosistemas naturais”, explica Navarro, que considera que, “cando se promociona a caza, incluso de organismos aos que a incultura e o descoñecemento ambiental máis profundo deu en denominar ‘alimañas’ estase a afectar intensamente ao funcionamento natural dos ecosistemas. Outra cousa é que algúns non o queiran ver, pero evidencias científicas existen e moitas”, sinala.

Máis de 320 especies de vertebrados terrestres extinguíronse nos últimos seis séculos

A nova peza audiovisual do grupo Divulgare afonda no efecto negativo que para as plantas ten a extinción dos animais que exercen un tipo determinado de dispersión das súas sementes, que se atopan no interior de froitos carnosos. “Se se extingue o dispersor tamén se perde o tipo de dispersión de realizaba. Isto afectará ao tipo de planta, que ao non ser dispersada tenderá a desaparecer de maneira progresiva”, explica Navarro, que sinala que está na man da especie humana evitar que se produzan este tipo de colapsos nos mecanismos de dispersión, que finalmente conducen a procesos de extinción en cadea irreversibles, para o que cómpre favorecer o mantemento de ecosistemas diversos que promover a heteroxeneidade nos mecanismos reprodutivos dos seres vivos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un método creado na UDC predí a liberación de fibras nos téxtiles para reducir o seu impacto ambiental

A tese de Mercedes Pereira analiza 25 estruturas elaboradas con poliéster, algodón, la, viscosa e elastano en escenarios próximos á vida real

“Perdeu a vista nun ollo pola malleira”: a pegada da violencia machista no arquivo do psiquiátrico de Conxo

A investigadora da USC Noelia Valiño rescata 23 historias clínicas que recollen evidencias das agresións físicas, verbais e psicolóxicas sufridas por mulleres entre 1937 e 1973

A tecnoloxía galega que permite analizar datos sen comprometer a privacidade

Investigadores de atlanTTic desenvolven ferramentas criptográficas para mellorar o deseño das políticas públicas

Novos modelos de predición reducen á metade os tratamentos fúnxicos no cultivo da pataca

Unha aplicación creada na UVigo ofrece información en tempo real para axudar os agricultores a tomar decisións sobre o manexo de enfermidades nas plantacións