O polo Sur da Lúa, salpicado de cráteres

Polo sur Lúa
As rexións escuras e sombrías da Lúa fascinan tanto aos astrónomos coma aos fans de Pink Floyd. O eixe de rotación do noso satélite natural inclinouse 1.5 º, o que significa que nos seus polos hai puntos que nunca ven a luz do Sol. O fondo dalgúns cráteres, por exemplo, sempre está en sombra. Esta imaxe mosaico, difundida hoxe pola Axencia Esppacial Europea (ESA), obtida co instrumento Advanced Moon Imaging Experiment da nave SMART-1, mostra unha rexión salpicada de cráteres no polo Sur da Lúa. Obtida durante o verán do hemisferio sur lunar entre decembro de 2005 e marzo de 2006, a imaxe está composta por unhas 40 fotos individuais que cobren unha área de 500 x 150 km. Os cráteres na imaxe son (de dereita a esquerda e a partir da maior forma circular): Amundsen, Faustini, Shoemaker, Shackleton e de Gerlache. Amundsen, de 105 km de diámetro, é o maior do grupo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13

Unha travesía á cara oculta da Lúa: estas son as mellores imaxes da misión Artemis

A tripulación afronta dez xornadas de voo profundo con fitos históricos, illamento de comunicacións e observacións inéditas do hemiferio non visible do satélite