Ciencia en confianza: a escolla persoal da nosa redacción

Ola, son Pablo López, director de GCiencia.

Cada día, o noso equipo traballa para ofrecerche a última hora sobre investigación, saúde, natureza… Pero o ritmo da actualidade moitas veces obríganos a ir as présas, a deixar no tinteiro as historias que hai detrás de cada descubrimento ou os detalles que fan que unha noticia sexa realmente especial.

Por iso, cada sábado ás dez da mañá queremos facer unha pausa contigo.

Deseñamos este novo formato: Ciencia en confianza, unha carta da Redacción con forma de newsletter persoal e próxima. Cada semana contarémosche:

  • A nos selección persoal: Os temas que, na opinión dos xornalistas de GCiencia, marcaron a semana e por que deberías lelos.
  • O “detrás das cámaras”: Como vivimos na redacción as investigacións máis complexas, desde os avances en artrose da UVigo ata as crises sanitarias.
  • Unha mirada con contexto: Unha análise máis sosegada do impacto emocional e social da ciencia na nosa terra.

Non é un resumo automático de noticias. É unha recomendación de ti a ti, pensada para que a leas con calma, co café do sábado ou no descanso da cea.

Súmate á nosa comunidade máis próxima:

Ao subcribirte aceptas recibir o noso contido e a nosa Política de privacidade. Podes cancelar a subscrición en calquera momento

Únete a máis de 2.000 subscriptores que xa confían en GCiencia para estar informados.