As luces do Nadal, vistas desde o espazo

A NASA identificou como a luz artificial se fai máis intensa vista desde o espazo en períodos festivos como o Nadal, en Europa e Estados Unidos, ou o Ramadán, en Oriente Medio. Así, por exemplo, nas principais cidades de Estados Unidos a iluminación nocturna é entre un 20% e un 50% máis brillante durante o Nadal e o Ano Novo en comparación coa produción de luz durante o resto do ano, segundo os datos que proporciona o satélite Suomi NPP. En Oriente Medio, as luces urbanas chegan a brillar até un 50% máis durante o Ramadán, en comparación co resto do ano.

Esta análise usa un algoritmo avanzado, desenvolvido no Centro de Voo Espacial Goddard da NASA en Greenbelt, Maryland, que filtra luz da lúa, as nubes, a neve en superficie e as partículas suspendidas no aire co fin de illar as luces das cidades sobre unha base diaria. Os datos deste algoritmo proporcionan información por satélite de alta calidade na produción de luz en todo o mundo, o que permite aos científicos rastrexar cando como se iluminan as cidades de noite.

Suomi NPP é unha misión conxunta da NASA e a NOAA que pode observar o lado escuro do planeta e detectar o resplandor das luces das cidades e pobos de todo o mundo grazas ó instrumento Visible Infrared Radiómetro Suite (VIIRS). VIIRS .

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.