A costa que foi a tumba de centos de vidas

Esta zona de costa foi testemuña de centos de naufraxios. Imaxe: Manuel Rey.
Esta zona de costa foi testemuña de centos de naufraxios. Imaxe: Manuel Rey.
Esta zona de costa foi testemuña de centos de naufraxios. Imaxe: Manuel Rey.
Esta zona de costa foi testemuña de centos de naufraxios. Imaxe: Manuel Rey.

Os relatos dos máis vellos e as crónicas sobre os naufraxios son impactantes. Centos de barcos e centos de vidas ficaron aquí para sempre. É unha costa chea de entrantes e saíntes, de baixos e cons, e golpeada polos ventos e as ondas.

O punto que visitamos hoxe é o treito máis virxe e salvaxe desta zona do litoral galego. Dunas enormes, praias con vistas espectaculares e mesmo un cemiterio que honra ás vítimas dun dos peores naufraxios acontecidos nesta zona.

Publicidade

Esta costa ten un nome que todo o mundo coñece. Mais saberedes dicirnos en que municipio, corazón desta zona, está tomada esta fotografía? A resposta, nesta ligazón.

3 COMENTÁRIOS

  1. Esto é Santa Mariña (Arou, Costa da Morte). O nome O Penal refirese a un cordón de coios, bloques de granito arredondados por efeito da erosión mariña. Son estes depósitos de bloques os que forman os coídos na Costa da Morte. O único semellante e o coído de Bares no norte da Costa de Lugo que foi utilizado como porto e ainda naa actualidade. O coído de Santa Mariña e o Coido de Bares son os únicos existentes na costa galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.