Captan unha “gloria” desde a Estación Espacial Internacional

A
A "gloria", no centro da imaxe, é unha especie de arco da vella circular. Foto: Alexander Gerst / ESA.

A "gloria", no centro da imaxe, é unha especie de arco da vella circular. Foto: Alexander Gerst / ESA.A “gloria”, no centro da imaxe, é unha especie de arco da vella circular. Foto: Alexander Gerst / ESA.

Non é habitual poder ver unha “gloria” na Terra. Para observar este fenómeno atmosférico, semellante a un arco da vella, pero de forma circular, e producido pola interacción do Sol cunha nube de partículas, cómpre estar entre ambos elementos: o Sol debe estar ás nosas costas, e incidir sobre as partículas que estean fronte a nós. Por este motivo, quen máis adoita ver este fenómeno son os pilotos dos avións e os montañeiros desde os cumios máis altos.

Publicidade

Porén, aínda máis estraño é ver unha “gloria” desde fóra do planeta. E isto aconteceu o pasado mes de setembro, cando Alexander Gerst, astronauta alemán da Axencia Espacial Europea (ESA), captou a “gloria” desde 400 quilómetros de altura.

Na súa web, a ESA explica que para poder vela desde a Estación é preciso ter condicións atmosféricas moi específicas. A nosa atmosfera chega ata os 480km de altura, polo que a nave está, aínda en parte, baixo a súa influencia, de aí que sexa posible a interacción entre as partículas que deron lugar ao avistamento da “gloria”. Engade a axencia que “nas capas altas da atmosfera hai moitos fenómenos dos que se sabe aínda pouco”, como as nubes noctilucentes ou os chorros azuis, detectados tamén desde a Estación no ano 2015 polo astronauta danés Andreas Mogensen.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.