A NASA amosa auroras boreais dende o espazo en Ultra HD

A NASA publica un espectacular vídeo no que amosa en Ultra Alta Definición as auroras boreais sobre a superficie da Terra, gravadas dende a Estación Espacial Internacional. O time lapse tense convertido nun auténtico fenómeno en Youtube, pola beleza dunhas imaxes únicas.

Unha aurora boreal é un dos fenómenos naturais máis belos da Terra. A novidade deste vídeo é que utilizaron a tecnoloxía 4K Ultra-High Definition, o que produce unha calidade de imaxe nunca vista para un fenómeno así.

Publicidade

A aurora boreal prodúcese cando unha emisión de partículas do Sol choca cos polos norte e sur da magnetosfera terrestre. Como consecuencia xorde unha luz difusa proxectada na ionosfera, composta de partículas protónicas que difunden a cor. O ton depende da especie atómica ou molecular que as partículas do vento solar excitan e do nivel de enerxía que eses átomos ou moléculas alcanzan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.