Así pasaron as ondas de máis de 10 metros pola costa de Galicia

Pasadas as 16.30 horas deste mércores, coa chegada da preamar, as miradas estaban postas nas ondas que chegaban ás costas galegas, toda vez que había activada unha alerta vermella por ondas que poderían superar os 8 metros de altura. E así foi.

Ás 5 da tarde, a boia de Puertos del Estado en Punta Langosteira (Arteixo) rexistrou unha altura significativa de ata 11,45 metros. E ás 13 horas, a boia de Vilán-Sisargas chegou a rexistrar outras ondas de ata 9,61 metros.

Publicidade

Nas imaxes das cámaras web de MeteoGalicia, sobre todo nas que aparecen nas zonas máis expostas, como Punta Langosteira, as Illas Cíes ou Burela, aprecíase a forza do mar con este temporal, que xa comeza a remitir, aínda que tanto MeteoGalicia como Aemet manteñen un aviso de nivel laranxa activado ata o mediodía deste xoves 18.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.