Sinfonía da Estación Espacial Internacional

O fotógrafo e blogueiro ruso Dmitry Pisanko recompilou esta espectacular serie de imaxes captadas desde a Estación Espacial Internacional que nos ofrece a visión que os astronautas teñen dende o espazo.

Tras analizar durante meses 95.600 imaxes –máis de 110 gigabytes— descargadas do Laboratorio de Imaxes da NASA, Pisanko editou e publicou este vídeo, con resolución 4K, composto por unha secuencia dunhas 6.000 fotos unidas coa técnica do time lapse, acompañada por unha peza musical do compositor italiano Ludovico Einaudi.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.